#Fútbol Base

Káiser, o coordinador máis novo da capital

Alberto Fernández Vidal ‘Káiser’ (Lugo, 1995) xa é un peso pesado na Cheda. Toda unha institución na Residencia. Aos seus vintedous anos xa pasou por case tódolos estamentos do mítico clube capitalino. Xogador, técnico e agora coordinador deportivo. O máis novo da cidade amurallada. E quizais da provincia. Sen máis dilación falamos xa co auténtico Káiser do noso fútbol!

O Káiser xogador, primeiro abaixo dende a esquerda

FUTBOLINLUGO: Boas Señor Kaiser! Como chegaches a ese posto de coordinador deportivo?

KÁISER: Cheguei despois de moito tempo, de quince ou dezaseis anos na Residencia. Xogando dende benxamíns de primer ano, logo comecei de adestrador hai catro anos. Pasei de axudante a coller algún equipo de peques eu só. E este ano ofrecéusenos a Dani Galán e a min a oportunidade da coordinación deportiva. É o que imos a levar os dous conxuntamente.

Este ano ofrecéusenos a Dani Galán e a min a oportunidade da coordinación deportiva. Ímolo levar conxuntamente



FIL: A unha idade na que todos queren xogar, que te leva a querer adestrar e a asumir responsabilidades aínda maiores na parcela deportiva?

KÁI: A min dende pequeno gustoume adestrar. Sempre o tiven na mente. Cando estaba xogando nos equipos, chamábame o tema de dirixir, de planificar, de todo o que tiña que facer. Disfrutei moito xogando, pero o tema de ser técnico chamoume moito sempre.

FIL: Qué obxectivos tedes tanto Dani Galán coma ti nesa parcela deportiva?



KÁI: En fútbol 11 temos aos tres equipos ‘A’ en Liga Provincial. Non é onde debemos estar con eses equipos da Residencia. Hai catro ou cinco anos tiñas infantil en Galega, cadete en Honor e xuvenil en Nacional. Duns anos para aquí todo eso veuse un pouco abaixo. É o que queremos tratar de recuperar. Dende o traballo e a aprendizaxe dos rapaces. Temos claro que non todo é gañar nin primar resultados. Queremos volver a ter aos equipos da Residencia onde estiveron.

O Káiser adestrador

Queremos volver a ter aos equipos da Residencia onde estiveron, a Liga Provincial non é onde debemos estar cos equipos ‘A’ de fútbol 11.

FIL: E para iso semella que tedes menos adestradores. Aínda que con máis traballo. É así?

KÁI: Sí. É algo que se fai neste ano. Temos que traballar máis cada adestrador. Non implica nada distinto nin cambios importantes.

FIL: Por último, pregunta obrigada. De onde vén ese apodo de Káiser?

KÁI: É unha larga historia. Foi porque eu antes xogaba de dianteiro. E Kini, o gran Kini, púxome a xogar de pivote defensivo. Algo que non lle perdonarei nunca (bromea)! O mote vén dun gran amigo como é Luka, xogador de Santiago Futsal. Cando se enterou de que xogaba nesa posición de pivote empezou ca broma de ‘Káiser, Káiser, Beckenbauer…’. E así foi.

FIL: Grazas señor!

KÁI: A vós!

 

Káiser, o coordinador máis novo da capital

Diario dun mercado. Episodio 53

Káiser, o coordinador máis novo da capital

A Segunda abre e pecha con derbis

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *