#Fútbol afeccionado

Así foi a reunión da RFGF cos clubs de Preferente

Máis de catro horas de reunión. Dende as oito da tarde ata pasadas as doce da noite. Así foi o encontro entre os corenta clubs de Preferente co presidente Rafael Louzán vía telemática. As conclusións semellan moi parecidas ás que se puideron extraer o pasado martes na conversa cos equipos de Terceira. Con case total seguridade, a proposta da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) sairá adiante. Iso si, agora mesmo parece ser que se atopan buscando a fórmula legal para poder levala adiante.

O Viveiro sería novo equipo de Terceira

No día de onte, os corenta representantes da Preferente tiveron voz e voto. E segundo puido saber Futbolinlugo os resultados foron os seguintes:

-13 clubs pediron que a competición se declarase nula, sen ascensos nen descensos.

-12 clubs apostaron pola proposta da RFGF. Acabar a temporada con ascensos e sen descensos.



6 entidades solicitaron que ademais de ascensos existisen descensos.

-4 conxuntos pediron rematar, cando se puidera, a presente temporada.

O que semella claro é que o fútbol rematou ata polo menos este verán. Fontes cercanas ao ente federativo recoñecen a preocupación existente xa non só para a disputa das diversas promocións que teñan que xogarse senón de cara ao comezo da seguinte temporada. Por iso, a idea explicada polo noso compañeiro Manu Amor para a Terceira División de facer dous grupos (algo que tería que conceder a Real Federación Española de Fútbol) podería ter continuidade en categorías máis baixas. E dividir cada grupo de Preferente noutros dous (catro en total). Ou incluso a Primeira e Segunda Galicia en máis subgrupos. Parece coherente, xa que non tería moito sentido xogar 22-24 xornadas en Preferente e 34 na Primeira Galicia.



O Foz salvaría a categoría

De feito, ata se empeza a esbozar o que sería o agrupamento dos lucenses na Preferente a vindeira campaña. Estaría formado por doce equipos: Sarriana, Ribadeo, Residencia, Foz, Lemos, Atlético Escairón, Santaballés, Galicia Mugardos, Montañeros, Victoria, Betanzos (no caso de superar a suposta eliminatoria co Soneira) e San Tirso.

Este sería un dos catro grupos que quedarían na Preferente. Nos mentidoiros ata se empeza a falar de posibles ascensos e descensos. Subiría o primeiro de cada un deles a Terceira División e baixarían a Primeira Galicia os catro últimos clasificados de cada un dos grupos. Descenderían dezaseis equipos, oito deles ás Primeiras de Coruña e Lugo. Pola súa parte, os segundos de cada grupo promocionarían coas mesmas posibilidades que ata hoxe facían os terceiros e cuartos clasificados.

Por último, un par de apuntamentos. Un club lucense solicitou que se xogase o que resta da Copa. Semella que pola Deputación non existiría problema e a Federación o que pediría é que se xogase neste ano natural 2020. Ademais se a proposta federativa sae adiante os contratos entregados na mesma RFGF, poderían non rematar a data de xuño senón co fin da competición. O que abriría aínda máis o abano da incertidume, cunha posible apertura indirecta do ‘mercado’ de cara á vindeira campaña. Xa que repetimos, a día de hoxe empézase a ver a fórmula de saída pero todo segue no aire. Hoxe é o turno de reunión dos equipos lucenses da Primeira. Veremos que hai de novo!

Así foi a reunión da RFGF cos clubs de Preferente

Cal é o futuro do fútbol galego?

Así foi a reunión da RFGF cos clubs de Preferente

Nuria Louzao (SD Antas): «Tomo o fútbol

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *