A primeira volta na Terceira Rexional foi un pouco remexida, sobre todo, no grupo sur xa que cada xornada dous equipos vense na obriga de descansar. Aínda así, antes de comezar a segunda pódese facer un balance porque os equipos teñen o mesmo número de partidos xogados. No norte, o Muimenta domina a clasificación acompañado nos postos de ascenso directo por un Alfoz que foi de menos a máis. Se non hai un cambio brusco, todo indica que o Matela, a Milagrosa, o Catro Roldas, o Fonsagrada ou Celta Barreiros serán os outros candidatos a pelexar polo ascenso. No grupo sur, o liderado está máis apretado co Quiroga e o Paradela igualados a 19 puntos. Por detrás, Castroverde, Antas, Río Sil e Sober ocupan prazas de promoción de ascenso. Non obstante, a diferenza cos perseguidores non é tan grande; Relámpago Taboada, Lemos B, Rubián e Taboada B comezan o ano con opcións. Se a táboa clasificatoria está igualada; tamén o están os puntos por participar no I All Star Futbolinlugo:
Xogadores con máis aparicións nos Sobranceiros Futbolinlugo:
POR:
Alberto Rois (Castroverde): 2 aparicións
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Cancio (Muimenta): 2 aparicións
Ivi (Lemos B): 2 aparicións
XOG. de campo:
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Álvaro (Celta Barreiros): 3 aparicións
Gachán (Quiroga): 2 aparicións
Dani Gemelo (Quiroga): 2 aparicións
Dani Díaz (Celeiro): 2 aparicións
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)