A semana anterior deixounos varios lesionados de gravidade no noso fútbol. Os seus compañeiros e nalgúns casos rivais saíron na última xornada con mensaxes de apoio. No Goiriz amosaron os seus ánimos a Javi Lozano e no Palas ao seu dianteiro Juanjo. A continuación salientamos algúns outros.
O compañeirismo primeiro
O Ferreira e o Río Sil xogaron esta finde o encontro da 4ª xornada de Liga da Segunda Rexional grupo sur. A vitoria levouna o cadro de Pantón que se achega aos postos de ascenso directo. Os dous equipos saíron ao campo con camisolas de apoio para o defensa Santi. O futbolista do Río Sil e ex do Ferreira lesiounou na terceira xornada. Volveu romper o brazo polo mesmo sitio ca o rompera ao final do curso pasado. Moito ánimo!


De ánimos a rivais; pasamos a darlle folgos a compañeiros doutros deportes. O Folgueiro xogou a pasada xornada ante o Lourenzá. O cadro do Vicedo saíu ao campo de Santa Cruz con camisolas de apoio a Iago Míguez. O xogador do Burela Pescados Rubén de fútbol sala sufriu unha rotura do ligamentos cruzado anterior e colateral medial, ademais de ambos meniscos. O xogador desfrutaba este curso do regreso do equipo do seu pobo á elite do fútbol sala español.
Moito animo crack,estamos contigo @IagoMiguez pic.twitter.com/CEwhw8toio
— UdFolgueiro (@udfolgueiro) October 6, 2019
As fichaxes de outono
O mercado non se pecha nin en outono. E a creatividade nunca se acaba no CD Xermade. O conxunto xermadino por fin puido anunciar o que levaba tempo agardando. David Alonso reforza o mediocentro do cadro adestrado por Rebolo. O equipo sumou esta finde a súa segunda vitoria seguida e xa prepara agora o primeiro derbi da tempada. O domingo toca partido ante o Roupar.
???? #FICHAXE | Despois de varios anos dando recitais nos campos das festas… David Alonso volve a calzar as botas para dalos no Municipal de Xermade.
➡ O seu último equipo foi o Viveiro e anteriormente xogou no CD As Pontes. #Pasionízate #Xermade1920 ⚫???? pic.twitter.com/hLuT43ydyy
— CD Xermade (@CDXermade) October 7, 2019