#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal

As nosas redes falan

Os derbis teñen un papel importante no noso fútbol; pouco ou nada hai mellor ca facer o que che gusta e enfrontarte aos teus coñecidos, veciños ou amigos e poder meterte un pouco con eles no caso de gañarlles. No campo é un conto, fóra del é outra historia, pero a deportividade debe reinar sempre. Esta pasada fin de semana foi de derbis: un consolidado e outro que naceu como protagonistas principais (xa sabemos que houbo máis, como na Pastoriza por exemplo). E a que vén, non vai ser menos porque os seus protagonistas xa están descontando os días.

Un dos clásicos da Mariña por excelencia xogouse este domingo con vitoria no tempo extra do Ribadeo diante do Viveiro en Cantarrana. Un duelo con alternativas, polémica, emoción e goles. O cadro adestrado por Rafa Casanova situáse na cuarta posición da Preferente, a 6 puntos da Sarriana que é segunda e está en postos de ascenso directo. Con tres puntos menos na táboa queda o Viveiro (6º), xa que ambos equipos chegaron igualados ao seu enfrontamento. Desta volta, a celebración tocou do lado visitante.

 

Ver esta publicación en Instagram

 


E tamén este domingo houbo derbi polo sur da provincia. Co aliciente de que era un encontro inédito entre os dous equipos en competición oficial. Na súa primeira temporada competindo, o Chantada e o Carballedo xogaron no recén renovado céspede do Sangoñedo. O cadro local venceu por 3-0 e consolídase na metade da táboa da Segunda Galega Feminina. Pola contra, o conxunto de Carballedo continúa na penúltima posición con 3 puntos.



Pero houbo quen foi ao derbi preparado, coñecendo aos rivais en profundidade. Algúns dos integrantes do Riotorto e do Pastoricense xuntáronse xa na previa para intercambiar sensacións. O resultado final foi de vitoria para o cadro da Veiga pola mínima. O Riotorto mantense no vagón de cabeza con 19 puntos, mentres que o Pastoricense é 13º.



E dos duelos veciños que pasaron aos que están por vir. Na vindeira fin de semana, xogarase, entre outros, un especial Xove Lago – San Ciprián na Primeira. Pero ademais é unha semana particular polas Terras de Miranda. Non estamos na época de máximo explendor da horta, pero o val verdega debido as últimas chuvias e a estes días que se aveciñan do chamado «Verán de San Martiño». O domingo ás 16:30 tamén vai verdegar a herba do Santa Cruz para vibrar cun dos duelos que reúne a máis xente da provincia, o agardado Lourenzá – Mondoñedo. As redes indícannos que estamos na conta atrás.

Non obstante, é importante tomar o tema con relaxación. E diso saben ben como facelo na parroquia vilalbesa de Goiriz. O cadro branquiazul organizou este sábado un magosto na escola da parroquia despois do seu empate a un gol ante o Cervo. O conxunto adestrado por Cora marcha sétimo clasificado no ano do seu regreso á Segunda Rexional e non quixo faltar a esta celebración típica do outono galego.

As nosas redes falan

Destacados Primeira. Xornada 11

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *