#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras do fin de semana

[themoneytizer id=»15360-28″]

O fútbol feminino provincial está acadando magníficos resultados estas xornadas. Comezando polo CD Lugo-PM Friol, que venceu por 1-2 na casa do Racing de Santander e comeza a postularse como un dos equipos candidatos ao ascenso á Primeira División.

Destaca tamén a melloría que está experimentando no seu xogo a SCD Milagrosa, clube que pese a perder 2-0 en Tordoia, transmitiu unhas sensacións moi distintas do que o fixera nas primeiras xornadas. Mala fortuna tivo a SD Antas, que se enfrontou a un dos «galos» da categoría no Castro Seoane (o Viaxes Interrías) e, pese a contar con numerosas ocasións, os tres puntos marcharon para Sanxenxo.

Xa na Segunda Galicia, o PM Friol «B» volveu a vencer, demostrando que a aposta do filial vai en serio, asaltando o campo do Imperátor grazas a un gol solitario de Paula Rodríguez. No derbi lucense, a Comercial impúxose por 5 goles a 2 ao Carballedo, destacando as actuacións de Saray e Tania polas capitalinas e de Diana polo Carballedo (todas elas firmaron dous goles)



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *