Un xoves máis, Futbolinlugo se presenta para facer un resumo da xornada de fútbol feminino, comezando polo PM Friol-CD Lugo, que perdeu o seu primeiro partido da temporada na casa dun intratable líder, o Real Oviedo, que conta todos os seus partidos por victorias.
O resultado final foi de 2-0, pero as nosas rapazas deron a cara e competiron de ti a ti en todo momento.
Na Primeira Galicia, a SCD Milagrosa non conseguiu puntuar en Abegondo ante o filial do Real Club Deportivo (8-0), dado o enorme nivel que presenta o cadro branquiazul. Porén, partidos como este axudan ás xogadoras, en especial as máis novas, a medrar tanto individual como colectivamente. A SD Antas conseguiu un punto importante ante o Orzán SD (3-3), empatando no minuto 98 por medio de Ángeles.
Xa na Segunda Galicia, que conta cunha maior representación lucense, os resultados favoreceron ás nosas, agás no caso do Carballedo CF, que perdei 9-2 na casa do Vioño, rival ata agora invicto. O PM Friol-CD Lugo «B» sitouse líder tras dar unha lección de fútbol á Torre SD, vencendo por 6-0.
A SD Chantada tamén conseguiu a victoria, 2-1 ante o Orzán «B», con goles de Marina e Iria, e a SG Comercial non foi menos e superou con claridade ao Portazgo (0-3 para as lucenses), cun doblete de Jenny e outro tanto de Saray.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)