O Cazás, equipo que disputa o ascenso na Terceira Futgal

As contas da Terceira Futgal

A falta de dúas xornadas para o remate da Terceira Futgal lucense, os equipos xa pensan en que circunstancias se teñen que dar para acadar os seus obxectivos. Mentres que no grupo norte as diferencias están máis marcadas, pero con cousas inda en xogo, no sur moitos equipos teñen opcións de optar ao ascenso, ben sexa tanto de forma directa coma dende a promoción. Dous fins de semana que decidirán o destino da gran maioría dos equipos da competición.

Unha Terceira Futgal norte case sentenciada

Na Terceira Futgal norte, os partidos aprazados marcarán as opcións de cara ás dúas últimas xornadas de liga. O único seguro é que o Goiriz xa é matematicamente equipo da Segunda Futgal. Pero para asegurar o título inda necesita conseguir un punto nos dous encontros que lle quedan, no caso de que o Castroverde gañe ante o Celeiro Club del Mar. O Castroverde e o Cazás xógansa nas últimas xornadas. O partido aprazado do Cazás será clave, xa que se gañan póñense a catro puntos con seis por disputarse. Pase o que pase, se o Castroverde gaña un dos dous encontros, ascenderá.

Onde haberá máis loita será no último posto de acceso ao playoff. O Abadín ten esa praza con 27 puntos, pero Celeiro Club de Mar e Catro Roldas poderían loitar ata o final. Para iso, o Celeiro tería que gañar os dous encontros e o Abadín perder os dous. Máis complicado terao o Catro Roldas, xa que ten que gañar os tres encontros que ten que disputar debido a que ten o average particular perdido e contar con dúas derrotas finais do Abadín.

Loita encarnizada na Terceira Futgal sur

O grupo sur da Terceira Futgal está nunha situación completamente oposta xa que nada está decidido nin o estará ata que chegue a última xornada. Na loita polos dous postos de ascenso directo Monterroso B, Sober, Corgo e Sporting Lucense están en catro puntos. Un posto sairá practicamente do Monterroso B-Sober desta fin de semana, xa que o que gañe terá pé e medio ou incluso definida a súa praza na Segunda Futgal, sobre todo se quen vence é o filial, xa que sería campión de grupo. Os outros dous equipos terán que esperar ao fallo para lograr o ascenso.



Nos postos de promoción tamén hai unha gran disputa para acadar o último dos catro que se teñen que cubrir. A victoria da Sarriana B contra o Carballedo na última xornada fixo que o filial entrase no último posto e ademais igualase o enfrontamento directo. Inda así, o Carballedo depende de sí mesmo debido a que contan cun partido máis por desputar, inda que terían que gañar por diferencia de goles total. Un fallo da Sarriana B este fin de semana pode deixar todo de cara ao seu rival se conseguen a victoria.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *