#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Adri Lombao: «Alberto López fai mellorar ao xogador»

Un xoves máis, entramos nas ondas para analizar esta vindeira data no Ser Deportivos de Radio Lugo Cadena Ser. E, coma sempre, tivemos un protagonista da xornada. Nesta ocasión, a actualidade obrigaba a que fose el. Adri Lombao, xogador do Viveiro, atendeunos amablemente despois do gran susto que nos deu a fin de semana pasada.

Aquí vos deixamos a entrevista íntegra así como a análise da vindeira xornada:

Lombao relatou o seu percance, o cal non recordaba de todo e tivo «que ver despois» xa que quedou «inconsciente». Tamén destacou que se «poderían arranxar cousas cando os muros e valados están moi preto» do terreo de xogo.

O novo xogador do cadro de Cantarrana indicou que a marcha do equipo «vai bastante ben». En parte, debido á esixencia de Alberto López. Adri Lombao considerou que o técnico lucense é «dos que máis fai mellorar ao xogador».



Fotografía principal: El Progreso.

Adri Lombao: «Alberto López fai mellorar ao xogador»

Goiriz e Corgo comezan liderando a Terceira

Adri Lombao: «Alberto López fai mellorar ao xogador»

Brais Vázquez, Palas CD: «Atopamos o sitio

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *