Tan só queda unha semana para a publicación de V Guía Futbolinlugo, unha realidade que chegará aos quioscos o próximo venres 15 de setembro e que non sería posible sen o constante apoio de todos os clubes e afeccionados que nos apoian día a día na difusión do fútbol lucense.
Para nós, por tanto é unha obriga devolver aos nosos seguidores todo o agarimo que recibimos ao longo do ano. En colaboración co diario El Progreso, a Biblia do fútbol lucense estará accesible para todos por un prezo de 2€, que inclúen 96 páxinas a toda cor, unha análise individual dos equipos de Preferente Galicia, Primeira, Segunda e Terceira Galicia e de todo o fútbol feminino. Sen olvidar aos colexiados, peza chave do noso ‘puzzle’ futbolístico.
Xa podedes reservar a V Guía Fútbol en Lugo no voso quiosco ou libraría habitual, pois sempre voan nas primeiras horas á venda. Desde a súa publicación o día 15 de setembro, estará dispoñible outras dúas semanas máis. Se se agotan no teu punto de venda habitual, podes solicitar que pidan máis. Haberá reposición!
Ao traballo realizado polos habituais de Futbolinlugo (Iván Calaza, Diego Díaz, Santi Real e Marcos Fernández) súmanse algunhas caras coñecidas como Manu Amor, Rachu Carballedo, Eva Argiz, Jorge Bergantiños, Pablo Delgado, Carlos Julio González, Álex Vasco, Miguel Piñeiro, ademais da flamante fichaxe de Toño Rico. Todos eles traballaron de forma incansable o último mes na procura de crear o produto máis riguroso posible, mellorando con nota desde a primeira edición.
Pero non imos presentar este traballo tan só con palabras: o equipo de redactores, acompañados unha vez máis por Nórdica, quixo realizar un spot anunciando a inminente chegada da V Guía.
5 anos despois, a Guía xa é un dos clásicos de setembro, semellante á volta ao cole. Isto sábeno moi ben nas casas de Álex Pérez (xogador do Pol, unha institución do fútbol provincial) e de Rubén Bergantiños (flamante técnico do Paradela). E se non, podemos preguntarlles aos seus cativos… Está claro que van ter un aniño cheo de fútbol! Pasen e vexan!