#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

A Sarriana salva o ‘match-ball’ polo ascenso

Non era un día calquera na Ribela. A Sarriana xogaba unha auténtica final polo ascenso e había novo inquilino no banco. Jaime Paz deixou claras as súas intencións dende o inicio pero o encontro púxose revirado ao cuarto de hora. Blanco adiantou ao Boiro nun balón parado. O sorpresivo plan defensivo dos visitantes veuse abaixo ao comezo da reanudación. Penalti por mans e expulsión, co engadido do empate de Gerardo desde os once metros.

A Sarriana mandaba no xogo pero pasada a hora de partido, Keko era expulsado por doble amarela. E Álex Pérez marchaba lesionado. Jaime Paz apostou forte e deixou tres defensas. E meteu a Arón como acompañante de Omar. Os locais chegaron moito e ben. E Luis Díaz fixo o gol da esperanza no minuto 89 para deixar á Sarriana a hora e media dun posible ascenso. Boiro, Sofán e os nosos para unha soa praza.

O que non se xogaba máis que os tres puntos era o Lemos, que sumou unha nova derrota. Os de Edu Rodríguez, que estivo no banco, cederon ante o maior ímpeto do Sofán. Os coruñeses marcaron un gol en cada tempo. Ambos obra de Vázquez.



Por último, o Santaballés despediu a temporada cunha clara derrota no feudo do Victoria. Os branquinegros serán o equipo que xogue a final pola praza da próxima Copa do Rei. O partido resolveuse ao comezo da segunda metade, con dous goles moi seguidos que se engadiron aos dous conqueridos na primeira metade. Dani Moirón pechou a súa etapa no banco chairego a domicilio e da maneira menos desexada, perdendo.

Resultados da xornada:

Lemos-Sofán (0-2).



Sarriana-Boiro (2-1).

Victoria-Santaballés (4-0)



A Sarriana salva o ‘match-ball’ polo ascenso

O Viveiro remata a segunda fase invicto

A Sarriana salva o ‘match-ball’ polo ascenso

Diario dun mercado. Episodio 203

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *