Os martes adoitan ser días máxicos na nosa web. Da man dos 18 equipos lucenses que compiten na Primeira Galicia, facemos un repaso ao acontecido cada domingo nesta categoría e, posteriormente, recopilamos aos xogadores máis destacados de cada un dos clubes.
Porén, o pasado domingo non houbo competición e, por tanto, hoxe non temos o resumo da xornada. Aínda así, sabemos que ninguén desconecta completamente do fútbol nestas datas, polo que faremos un breve repaso ao acontecido nas primeiras 16 datas desta 22/23.
A Primeira Galicia sempre é unha categoría moi igualada, onde calquera conxunto pode poñer contra as cordas a calquera. Porén, este ano hai dous grupos diferenciados: os oito primeiros equipos móvense nun abano de tan só nove puntos. Isto, sumado ao gran número de enfrontamentos directos que se producen entre eles, supón que as posibilidades de ascender se manteñan intactas en moitas vilas: Pol, Chantada -por partida dobre-, Castro, Burela, O Saviñao, Foz e Outeiro de Rei están inmersos nesta loita.
Polo momento, o Pol lidera a pelexa. Tan só unha derrota en 16 xornadas converten aos de Mosteiro nun dos principais candidatos, pero no Municipal non queren dicilo demasiado alto, pois o «pau» da temporada pasada aínda está fresco. Preto atópanse a SD Chantada e o Atlético Escairón, conxuntos que destacan pola súa sobriedade e seguridade e, inmediatamente despois, un Burela que se está a consolidar como un dos equipos con máis futuro da provincia, tanto pola súa xuventude como polo seu bo fútbol.



Con algo menos de puntuación chegan un prometedor Castro, o recén descendido Foz e o Chantada Atlético, que xa demostrou que é capaz de gañar a calquera. Os seguintes postos da táboa están ocupados por Santaballés, Lourenzá, Taboada, Xove e Monterroso. As actuacións que protagonicen a comezos do 2023 serán determinantes para coñecer os obxectivos reais de cada un. Sumar de tres en tres poderá enganchalos na zona nobre, pero se non conseguen victorias poden afundirse nos postos de perigo, máis aínda se se teñen en conta os arrastres que podan chegar desde a Preferente Norte.
A zona baixa está ocupada por un San Ciprián que vai de menos a máis e un Riotorto que está a acusar as lesións, pero que vén de empatar na casa do líder grazas, en parte, as novas fichaxes na dianteira e na portería. Os postos de descenso son para Antas, Sporting Pontenova e Pastoricense. Os do Acebreiro buscarán dar coa tecla tras o parón de Nadal, pois nin Javi Chinchón nin Martín Murado, polo momento, foron quen de lograr unha vitoria. Os da Mina e os celestes melloraron a súa imaxe nas últimas datas, pero aínda precisan moitos puntos para afastarse das tres últimas prazas e eludir o descenso.
Podedes consultar a clasificación completa nesta ligazón. E por suposto, lembrade que os oito xogadores con máis «Máxicos» poderán participar no III All Star Futbolinlugo. Agora mesmo, os destacados en cada club son os seguintes:

- SD Antas: Nico Fdez, Portu, Álex Varela, Kevin (3), Álex García (3), Marcos, Félix, Cristian (2), Méndez (2), Melendo.
- CD Castro: Rodolfo (4), Muíña (2), Rasilla (2), Robertito, Sanmi, Román (3), Lois, Noel, Navia.
- SD Monterroso: Crespo (4), David, Rubén (2), Sobrado (3), Raúl Antas, Raúl Varela (3), Lorenzo, Pardo.
- UD Xove Lago: Diego Fernández (6), Trullo (2), Maikel (2), Carlos (2), Pelayo (2), Diego Chao, Kevin.
- SD Burela: Esquerdeiro (2), Javi Celes (3), Kiko Mariño (2), David Ben (5), Jairo Campo, Macli, Pablo Vila, Miguel Gomes.
- SD Chantada: Manu (4), Kadete (3), Álex Delgado, Pedro (2), Alberto (2), David (3), Pablo Varela.
- Sporting Pontenova: Miguel Guedes (4), Juan Ginzo (6), Borja Lombardero (4), Ioan, Samuel Gundín,
- Chantada Atlético: Anxo Otero (4), Adri Salgado (3), Ivi (2), Javier Vázquez, Luis, César (4), Brais Pardo.
- ED Lourenzá: Luis, Raúl (2), Recalde (3), Yago Cruña (2), Paulo (2), Clemente (2), Jose (2), Cabaleiro, Jorge.
- CD Santaballés: Adrián López (2), Palomo (2), Novás (8), Martín (2), Vérez, Hugo Criado.
- UD Pastoricense: Brais Iglesia, Carlos (3), Manupa (5), Saavedra, Iago Ares, Iago Goás (2), Raúl (2), Cristian.
- CD San Ciprián: Antón Blanco (5), Rodrigo Pereira (2), Adilson (2), Samuel, Joao, Giovane (2), Borja Mella (2), Edegar.
- SD Outeiro de Rei: Tichu (3), Pereira (3), Aarón (3), Redondo (3), Magic, Veiga, Alvarito (2).
- Atlético Escairón: Asier (6), Denis (4), Totó, Mouha, Macía, Sergio Seijas, Félix, Álex Ávila.
- CD Foz: Manolito (7), Chao (5), Gonzalo, Rivera (2), Canario.
- SD Pol: Nathan (5), Juancar, Dapo (2), Gerardo (3), Pablo Ruiz, Porto, Diego Núñez (2), Dani Roca.
- Taboada CF: Guerreiro, Poyán, Mosky (2), Diego (4), Roi (2), Manu Vila, Guerra, Adrián, Ríos (2), Potente.
- Riotorto CF: Harry (2), Pape (3), Adrián (2), Isaac Fernández, Manu Carreira, Manu Roca, Michi (2), Pablo Vivero (2), Dani Pérez, Coedo.
