#Fútbol afeccionado #Feminino

A Comercial saborea o primeiro triunfo da tempada

Foi un perfecto agasallo de San Valentín. Un exercicio de romanticismo. De non deixar de crer, de insistir e resistir. A primeira vitoria da Comercial xa está aquí, e nós para contárvola.

O conxunto de Vivian Dors, con once xogadoras xustas, labrou o triunfo nunha boa primeira metade. Pechou ao EF Silleda no seu campo, para chegar así cun cómodo 0-3 ao descanso. Na reanudación, as vermellas apostaron polo contragolpe. E en dous deles, redondearon o resultado. Nati e Alba asinaron sendos ‘dobretes’. As infantís da selección lucense sub-14 Alba Menán e Antía Troitiño, xogaron os 90 minutos e axudaron a sacar á Comercial do último posto da táboa.

Pola súa parte, as veciñas do antigo cabeiro empataron nun tenso derbi capitalino. O San Lázaro desperdiciou un 0-2, tras unha gran posta en escena, ante unha Milagrosa que nunca se deu por vencida. As de Héctor Expósito recurtaron diferenzas antes do descanso nunha xogada iniciada cun balón a terra. E conseguiron a igualada definitiva no ecuador do segundo acto, ante un rival moi nervoso. Leire asinou os dous tantos branquivermellos.

Noutro dos duelos entre lucenses, o líder non fallou no sempre complicado feudo do Carballedo. O PM Friol B presentouse con sete xogadoras do filial e outras sete futbolistas do equipo cadete nunha expedición liderada por dous pais. Sen presidente ou adestrador algún con tantas menores no terreo de xogo!



Mandaron os puntos sobre a imaxe, e aí as diferenzas establecéronas as viguesas do cadro da Reigosa. A escadra de Sementa e Adrián mandou na primeira metade, topándose todo o tempo coa meta Mahine e os paus. Ana Lamas e Sara petaron coa madeira. Pola súa parte, as visitantes tiraron de efectividade co gol de Ángela. Tralo paso polos vestiarios, a claridade local desapareceu e Nuria Meijide, con dous tantos, levou a tranquilidade necesaria a un club falto dela.

Laura Carnero, decisiva con dous tantos no derbi ante o San Roque

O último dos derbis levou ao Chantada á cuarta praza. Na primeira parte, ambos equipos tentaron xogar o balón e dispuxeron de diversas ocasións. O Chantada adiantouse cun tanto de Laura Carnero. Mery igualou dous minutos máis tarde para un San Roque, que perdoou na primeira parte.

Na segunda metade, o tempraneiro gol da SD encarrilou o choque para as de Gorry. Un golpe moral que afundiu ás verdibrancas. Eva e Ángeles puxeron aínda máis terra de por medio na última media hora, ante un rival que rematou con nove xogadoras. Laura Carnero e Mery remataron o encontro con dous tantos por cabeza.



Ademais, o Monte Forte regresou de baleiro da súa visita ao Santiso. As locais mostraron unha maior pegada e leváronse o gato á auga cun gol en cada metade.

Tranquilidade na Cheda, desesperación en vilagarcía

O Lugo regresou á senda da vitoria cun encontro plácido. As de Joaquín Blanco maniataron ao O Val en todo momento. E as albivermellas deron co camiño das ocasións desde os costados. A superioridade local transformouse en goles ao borde do intermedio. Dous, en concreto. A sentencia definitiva quedou para os últimos dez minutos do duelo. A boa actuación da porteira visitante e os paus evitaron unha goleada maior.

No entanto, o Antas sufriu un doloroso correctivo no campo do Atlético Arousana. O 7-0 co que contaban as de Vilargarcía ao descanso, xa o explica todo.

Outro día para olvidar para o PM Friol

Nuria Meijide non acudiu co primeiro equipo para liderar o triunfo do PM Friol B

O conxunto de Covi Regueiro visitaba Valladolid coa ilusión de sumar tres puntos que o sacasen do último posto. E o que atopou foi unha sonora goleada noutra xornada para o olvido. O encontro comezaba xa revirado, cun cambio dos que naide quere facer. Ana Bonilla deixaba o seu lugar a Yasmin aos catro minutos.

Aínda así, non todo eran malas noticias para as da Reigosa. As lucenses adiantáronse no marcador cun gol de Lynda. Porén, o Parquesol empatou case ao momento por medio de Mio. E as vallisoletanas asestaban o seu segundo golpe xusto antes do descanso.



Empeorou o tema tralo paso polos vestiarios, con dous tantos nos primeiros dez minutos da segunda metade. Aí morreu o partido. Iso si, Nerea Lombardero quixo deixar a súa pegada en forma de gol.

Veremos que sucede nas próximas datas, xa que varias xogadoras seguen estudando a forma de deixar o club. A calma non chega a Friol.

Resultados da xornada

Leire marcou os dous goles da Milagrosa no derbi capitalino

Parquesol 5-2 PM Friol

CD Lugo 3-0 O Val

Atlético Arousana 12-0 Antas

Milagrosa 2-2 San Lázaro

Chantada 4-2 San Roque

Carballedo 0-3 PM Friol B

EF Silleda 1-5 Comercial

Santiso 2-0 Monte Forte

A Comercial saborea o primeiro triunfo da tempada

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 22

A Comercial saborea o primeiro triunfo da tempada

Cazás e Seixosmil, 19 goles e subindo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *