Os xogadores do Oural celebran a súa victoria nun dos poucos partidos disputados por mor da borrasca Herminia

A borrasca Herminia atopa resistencia

A borrasca Herminia, que está a pasar por Galicia nestes días, fíxose notar no fútbol lucense. Ningún dos equipos da Terceira e da Preferente puideron xogar os seus partidos, como tampouco puido o Lugo na Primeira RFEF. Pero no fútbol máis modesto si houbo encontros, inda que poucos e marcados polo intenso vento e a choiva. Unha resistencia que se notou e que deixou resultados importantes nas categorías máis modestas do noso fútbol.

A Primeira Futgal e a loita polo play off de ascenso

tres encontros se disputaron na Primeira Futgal dos nove que había nesta xornada por mor da borrasca Herminia. En dous deles, os postos de play off estaban en xogo. O Castro superou con facilidade ao pechacancelas, o San Lázaro, por 5-1 nun encontro plenamente dominado polo conxunto que dirixe Dumi e que tivo que xogar no anexo do Arturo Pereiro, de herba artificial. Tamén puido xogar a SD Chantada, que gañou 0-1 ao Taboada e que consigue adiantar momentaneamente á Residencia e situarse terceiro detrás do Castro.

Na zona baixa da clasificación, houbo un encontro entre rivais directos como son o Oural e o Outeiro de Rei. O encontro tivo que disputarse na Ribela debido ao estado do Luís Pallín. O Outeiro adiantouse no marcador cun gol en propia porta, pero os tantos de Mario e de Cayuela no minuto 87 fixeron o 2-1 que fai que os de Negrete saian do descenso, metendo ao Monterroso que ten unha xornada menos.

Na Segunda, o sur a metade e o norte case ao completo

A Segunda Futgal notou menos a incidencia da borrasca Herminia. No Grupo Sur, disputáronse catro dos oito encontros e permitiron un cambio de líder. O Folgueiro puido adiantar ao Iberia, cun partido menos, tras vencer 3-1 ao Candelaria. Por outra parte, o Casás achégase aos cinco primeiros tras derrotar ao Riotorto por 3-1 seguido do Alfoz, que venceu 0-1 ao Mondoñedo Ciudad. Por último, o Cabeiros gañoulle ao Muimenta por 3-2 nun encontro que se decidiu no desconto.



No sur, a xornada levouse a cabo case con normalidade. Só o Ferreira-Brollón se adiou por mor da borrasca Herminia. Os cinco primeiros manteñense cunha igualdade total, sendo o único que non gañou o Paradela, que empatou 1-1 co Chantada B. No descenso, o Quiroga conseguiu un punto ante o Páramo (2-2) que o engancha a posibilidade de salvarse. O Lemos B marca o último posto en ter a permanencia con 13 puntos, empatado co Rubián.

A Terceira, a que menos sufriu a borrasca Herminia

tres encontros da Terceira Futgal non puideron disputarse polas condicións climatolóxicas. Todos foron no grupo norte, onde os dous partidos que se disputaron foron goleadas. O Roupar gañou por 5-0 ao Comercial e o Abadín sube ao quinto posto da clasificación venceu por 1-4 ao Friol B.

O grupo sur foi o único das tres competicións en completar a xornada sen ter que adiar ningún encontro pola borrasca Herminia. O Sporting Lucense tocoulle descansar, o que lle permitiu ao Sober poñerse a un punto tras golear por 6-0 ao colista, o Relámpago Taboada. No play off, o Carballedo iguala a Sarriana B, que ocupa o último posto da promoción, tras gañar 1-2 ao Bóveda.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *