Malia que nesta ponte festiva, o noso fútbol colle un descanso, a pelota non deixa de rodar por completo. A Primeira Autonómica e o fútbol feminino disputan unha nova xornada, á que se suma a Copa Deputación.
PRIMEIRA AUTONÓMICA
– Riotorto C.F. – Atlético Escairón (Domingo ás 12 horas na Veiga): o conxunto local, no seu mellor momento da temporada logo de catro triunfos consecutivos, recibe ao líder. O cadro adestrado por Javier Montoto mantén catro puntos de marxe sobre o segundo, malia non conseguir gañar nos dous últimos encontros.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
– S.D. Outeiro de Rei – S.D. Pol (Domingo ás 16 horas na Fonte): os de Josito Jul precisan dun triunfo, logo de encadear dúas xornadas sen gañar, para que non afastarse dos postos altos. Os visitantes cun triunfo petarían á porta da zona cabeceira.
– U.D. Pastoricense – C.D. Guntín (Domingo ás 16 horas no Acebreiro): coa intención de lograr a primeira vitoria da temporada no seu feudo, o conxunto da Pastoriza medirase a un Guntín que está a realizar unha gran temporada. Con dezaoito puntos, acumula cinco xornadas sen perder.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA FEMININA
– C.D. Lugo – Carballedo C.F. (Domingo ás 17 horas no Luis Gorgoso): o cadro capitalino buscará un triunfo no derbi provincial para achegarse ao liderato. Malia ser favorito, non o terá doado ante un Carballedo que suma tres triunfos consecutivos e está comodamente situado na metade da táboa.
– S.D. Chantada – Xuventude de Crendes (Domingo ás 16 horas no Sangoñedo): as chantadinas precisan un triunfo para verse que as manteña con opcións de escalar postos na táboa. Reciben a un conxunto que baixa considerablemente o seu rendemento fóra da casa.
COPA DEPUTACIÓN – SEGUNDA E TERCEIRA AUTONÓMICA
– S.D. Viveiro – Meira C.F. (Domingo ás 17:30 horas no Municipal Marcos Gómez): na temporada do seu debut, o filial viveirense, tentará seguir na Copa a boa xeira da competición regular. Non o terá doado ante un Meira asentado na zona noble de Segunda.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
– S.D. Guitiriz – Mondoñedo C.F. (Domingo ás 16 horas no Suso Cruz): co obxectivo de recuperar sensacións de cara á competición ligueira, o conxunto local recibe ao conxunto de Julio Castro, que logo dun difícil comezo de temporada, foi quen de gañar os tres últimos encontros.
– O Incio Terra Brava – S.D.C. San Lázaro (Domingo ás 16 horas no Carboeiro): encontro entre dous dos conxuntos máis en forma do grupo sur de Segunda. Os locales, terceiros na clasificación tentarán avanzar na competición copeira ante o cadro adestrado por Diego Rey, intratable líder.
– Ferreira C.F. – C.D. Corgo (Domingo ás 16 horas no Baliño): logo de caer no campo do Oural e perdelo liderato, o conxunto local tentará facer valer o ‘efecto Baliño’ onde está invicto esta campaña, ante un Corgo que non perdeu desde o troco no banquiño.