A pasada fin de semana, catro xuvenís do Ribadeo FC, Jorge, Koke, Javier e Fran, foron convocados co equipo senior, que milita na Preferente Norte galega. Teñen un gran mérito, xa que compaxinan o fútbol cos estudios, e ademais non sempre é fácil coordinarse ben á hora de xogar dous partidos nunha semana, un co equipo xuvenil do Ribadeo, que está a disputar a Promoción lucense que da acceso á fase de ascenso, e outro co equipo de Preferente.
Para coñecer un pouco máis a estes grandes xogadores, falamos brevemente con cada uno deles. O que quedou de manifesto foi o “borrollismo” existente entre eles, que antes de ser compañeiros de equipo son grandes amigos.

Javier é o porteiro titular do equipo xuvenil, e é moi consciente da responsabilidade que recae sobre el en cada encontro, pero que iso axuda a dar o máximo del, partido tras partido; e ao tempo, ter que xogar co equipo sénior esixe un incremento de concentración e nivel, o que fai que os seus nervios aumenten, pero di que non se amedrenta ante ningunha situación.
Na liña defensiva, o noso protagonista é Koke, a quen lle preguntamos pola súa opinión de que é o máis importante no fútbol, ao que respondeu que o fundamental é a actitude que pode adoptar cada xogador á hora de saber que facer, como facelo e en que momento actuar. A toma de decisións é o máis importante para el. Tamén lle preguntamos acerca da convivencia en Ribadeo, e el asegurou que co primeiro equipo é cómoda, que está integrado e que cos xuvenís sempre reina o bo ambiente e as gargalladas, polo que ambos vestuarios son moi sans.


Esta última idea é corroborada por Fran, quen afirma que o día a día no Pepe Barrera é un luxo, tanto cos grandes como cos “pequenos”, presta adestrar. A isto suma que considera o estadio mariñano poseedor dun dos mellores terreos de xogo da zona e está encantado de xogar nel. Fran di que o fútbol para el é un hobbie co que disfruta cada día, pero que pensa que nun futuro pode ser unha fonte de ingresos que o axude economicamente.

O último protagonista é Jorge, un extremo rápido e habilidoso que actualmente está moi satisfeito de xogar co primeiro equipo, situación resultado de todo o esforzo realizado tras comezar a adestrar con eles en setembro. Non pensa en xogar nunha categoría superior polo momento, pero sabe que se lle chega a ocasión aproveitaráa.
Son catro grandes xogadores, catro persoas coas que se disfruta conversando, e amigos que poñen de manifesto os lazos e a unión que establece este deporte entre os distintos apaixonados por el. Grandes historias están agochadas detrás deste xogo, como as destes catro mozos… que contan aínda c0unha enorme progresión. Desde Futbolinlugo desexámoslles os maiores éxitos e moita sorte de agora en adiante!
