O Castro comezou tarde e segue buscando solucións no mercado. Anunciou as chegadas do dianteiro Rubén Fernández, o mediocentro Nico Edrosa e a chegada do defensa Dani Montes (ex xogador do Racing Vilalbés). Ademais Brais e Kevin antigos xogadores da Comercial están adestrando co equipo e a intención do club é que queden para a vindeira temporada. O Viveiro preparou un bo bloque sen descoidar o futuro. O cadro celeste incorporou a Rubén, porteiro xuvenil procedente do Burela. En principio xogará co xuvenil na liga galega, pero se o primeiro equipo non ficha máis gardamallas irá tamén con eles.
Na Primeira o Pol peta forte no mercado coa incoporación de Iván González procedente do Castro. O dianteiro con ampla experiencia no fútbol galego reforza un conxunto ao que tamén se unen Cristian Barro do Abadín e Alejandro Rois do San Roque. Na mesma categoría, o Lemos reforzouse coa chegada de Adrián Díaz.
O Xermade informou da terceira fichaxe que se trata do atacante David Rey que procede do Somozas B.
Na Terceira o Río Sil fichou a Isma, un xogador que pode desenvolverse por calquera das posicións de ataque. O futbolista soberino chega procedente do Calasancio.
No fútbol base salientamos a construcción do cadro técnico do ADC Sagrado Corazón que terá no equipo xuvenil a Fran Fernández; Brais Rozados no cadete, no benxamín A e no prebenxamín A; Alberto Pérez no infantil A e no prebenxamín B; Diego Pérez no infantil B; Jon Vázquez no Alevín A; Fran Fernández no alevín B; Edgar Vázquez no Benxamín B. A preparación física de todos estará a cargo de Carlos Ramallo. Tamén na SD Ribadeo anunciaron a continuidade de Salva como adestrador do xuvenil que estará acompañado por Andrés «Matelo».

