Comeza a ser un clásico do verán na provincia de Lugo e, asemade, a asistencia é totalmente recomendable para todos os amantes do fútbol. O día 11 de agosto terá lugar na praia fluvial de Baamonde a terceira edición do Torneo 3×3 Fútbol Burbulla.Para quen non coñeza esta modalidade, consiste nun partido de fútbol no que os xogadores -neste caso, 3 de cada equipo- dispútanse a victoria envoltos nunha burbulla que permite colisionar cos adversarios.
Por suposto, o xogo non supón riscos para a integridade física dos participantes, pero sí aporta un novo xeito de diversión e suma un «plus» de dificultade para aqueles que busquen orixinalidade. Os participantes poderán degustar unha comida cortesía da organización e os seus colaboradores, e optar a premios consistentes en vales e trofeos.
A tarifa a pagar será de 30 euros por equipo, e a inscrición remata o próximo mércores 8. Animámosvos a todos a participar neste acontecemento do que seguro non vos arrepentiredes!