*Viveiro-Atlético Escairón: O cadro de Chusky presentou a súa candidatura á Copa. Dous goles na última media hora tumbaron a un Atlético Escairón en cadro, e ao que a tempada se lle fixo moi longa. Os do Saviñao acudiron con once xogadores a Cantarrana. Competiron de ti a ti na primeira metade. A expulsión de Manu ao borde do descanso marcou o encontro e deixoulle a victoria en bandexa aos mariñáns.
*Lemos-Páramo: O efecto Fontal continúa. O Páramo colouse nas semifinais de Copa logo de tumbar ao Lemos nos penaltis. O Lemos sobrepúxose ao gol e ao dominio inicial dos das Rapadas. Pepe perdonou o segundo para os visitantes ao bordo do descanso. Na reanudación, o encontro colleu claro color monfortino. No entanto, os pupilos de Edu non lograron marcar o tanto que lles dese o triunfo. Nos penaltis, houbo que agardar ao oitavo lanzamento do Lemos. Erro e punto e final a unha campaña na que a ilusión regresou á Pinguela.
*Taboada-Foz: Ritmo frenético na primeira media hora. Cando se baixou unha marcha, Mosqui deixou a dous rivais atrás para batir a Bruzos cun lanzamento axustado ao pau. Tralo descanso, volveu o duelo de titáns, sen tregua. Fabio aumentou as distancias pero Manolito meteu ao Foz de novo no encontro nun balón parado. O remate foi de infarto. Noé perdonou a sentencia e Asier, a placer, o empate dos branquivermellos.
*Monterroso-Outeiro de Rei: Erros infantís propiciaron que un Outeiro superior marchase 0-3 ao descanso. Na segunda metade, os de Peón cambiaron totalmente a súa imaxe. O Monterroso creceuse e tivo ocasións suficientes para forzar os penaltis. Magic evitou o perigo e mesmo lle detuvo unha pena máxima a Dabouza. Este foi o último encontro dun home de clube coma Roi. O meta di adeus así a unha longa vida en Cerdeiriños.
Cruces de semifinais:
- Páramo-Viveiro:
- Taboada-Outeiro de Rei