#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

Destacados Copa Preferente e Primeira. Rolda inicial

*Riotorto-Xermade: O sábado chegou a primeira sorpresa desta Copa. Esteban adiantaba ao Xermade cun golazo xusto antes do descanso. Rubén Pena aumentaba as diferenzas ao volver de vestiarios. Parecía todo de cara para os visitantes, ata que viron com Pedro Díaz metía ao Riotorto de novo no encontro. Os locais aínda confiaron máis na remontada coa expulsión do meta Ángel. O Xermade aguantou máis de vinte minutos en inferoridade e permitiuse o luxo de sentenciar cun menos. Chungui rouboulle o coiro ao Parapar e puxo fin á tempada dos de Ramón Labrada.

*Ferreira-Pastoricense: O conxunto do debutante Fran Veiga non acusou a curta convocatoria coa que acudiu ao Baliño. Serios e competitivos os visitantes, xeraron perigo en rápidas transicións. O balón parado tamén tivo unha importancia capital. Farra marcou dous tantos para un Pastoricense vertical e que só tivo un pequeno lunar. Un erro nun saque de esquina que, á postre, rematou no único tanto do Ferreira. Iago marcou un gol dende uns trinta metros e Casillas xogou lesionado toda a segunda metade por unha contusión nun xeonllo.

*Foz-Xove Lago: Un auténtico golazo de Gonzalo, con rosca e pola escadra dende fóra da área, decidiu o derbi mariñán. Un encontro de poder a poder e sen excesivas ocasións de gol. O Xove Lago plantou cara ante un dos dominadores ligueiros pero a efectividade dos de Gayol fíxose patente unha semana máis.

*Taboada-San Ciprián: Tomás Costa rematou a súa andadura no San Ciprián cunha derrota. Os mariñáns acudiron moi escasos de efectivos á Medela. Só hai que ver que Borja Mella xogou co 2 e o porteiro Madariaga co 4. Aínda así, os azulóns deron a cara e fixeron un partido moi digno. Mantiveron as forzas niveladas antes do descanso. Na segunda metade xa foi outra historia, cun Taboada dominador. Unha victoria que pon aos de Martín Murado directamente en cuartos de final, coa renuncia do Castro a xogar esta edición copeira.



*Páramo-Sarriana: O campión ligueiro quedou ás primeiras de cambio. A lotería dos penaltis sorriulle ao Páramo tras un derbi moi nivelado. Palle deu unha mínima vantaxe aos de Fontal na primeira metade. A Sarriana mellorou na reanudación e Marino marcou o seu derradeiro gol co cadro da Ribela no minuto 87. Xusto despois o Páramo quedou cun menos pola expulsión de Borja. Non quedou tempo para moito máis. Lisboa detivo dúas penas máximas na tanda ante un conxunto no que só estivo o delegado Pedro no banquiño. Julio Corral xa non estaba co rei da Primeira Galicia.

*Monterroso-Santaballés: Tres partidos entre eles e tres empates. A eliminatoria tivo que decidirse dende o punto de penalti. Os once metros déronlle o pase ao Monterroso despois dun encontro igualado e pechado. No que as ocasións brillaron pola súa ausencia. Yago disputou o seu último encontro co Santaballés.

*Chantada-Pontenova: O cadro de Juan Rodríguez impuxo a súa superioridade de principio a fin ante un Pontenova coa cabeza aínda nas contas da leiteira e dos arrastres (precisa un ascenso galego a Segunda B para manterse). Foi a despedida de Dani Moirón do banquiño mariñán. Por certo, Carnero asinou un doblete.



*Bóveda-Lemos: Derbi moi igualado no Hermanos Somoza. O Bóveda adiantouse ante un Lemos que culminou a súa remontada xusto despois do tempo de lecer. A igualdade foi a tónica reinante durante os noventa minutos. A chave estivo na efectividade mostrada polo conxunto de Edu Rodríguez. Quizais este foi o último partido de Cabanelas á fronte do Bóveda.

[themoneytizer id=»15360-3″]

[themoneytizer id=»15360-4″]

Cruces de oitavos de final



  1. Viveiro-Polvorín
  2. Atlético Escairón-Pastoricense
  3. Lemos-Chantada
  4. Xermade-Páramo
  5. Residencia-Monterroso
  6. Ribadeo-Outeiro de Rei
  7. Taboada
  8. Foz-San Roque
[themoneytizer id=»15360-16″]

Destacados Copa Preferente e Primeira. Rolda inicial

As nosas redes falan!

Destacados Copa Preferente e Primeira. Rolda inicial

O partido en imaxes: Taboada-San Ciprián (2-0)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *