#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Sin categoría

O Lugo B e o Viveiro non se renden

Nesta xornada o once Futbolinlugo da Preferente Norte ten protagonismo principal para os xogadores máis destacados das vitorias de Lugo B (ante o Betanzos) e do Viveiro (en Sada). Tres puntos que lles serven aos dous equipos para seguir na pelexa por chegar aos postos de promoción de ascenso. Por riba de todo, sobresae o dianteiro Erni que anotou os tres goles do Viveiro.

Once Futbolinlugo da 22ª xornada da Preferente Norte

No resto de representantes lucenses da categoría tan só o Escairón foi quen de sumar. Empatou no Muncipal do Saviñao ante o Mugardos e segue sen descartar o soño do play-off. O porteiro Javi López foi o único imbatido dos porteiros dos equipos lucenses nesta fin de semana. Pola súa banda, o Ribadeo cortou a súa progresión ante o Sofán e queda na zona morna da táboa. Aí segue tamén o Lemos, a pesar da súa dura derrota por 4-0 ante o Paiosaco que o deixa sen representantes no once ideal. Peor están as cousas para o Chantada e a Sarriana a pesar de dar a cara nos seus partidos. O conxunto chantadino perdeu por 1-4 ante o Estudiantil despois de ir gañando ó descanso. E a Sarriana perdeu na casa do líder, o Noia por 3-1 e segue penúltima clasificada.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *