#Fútbol afeccionado #Fútbol Base

O gran partido de Anxo

 

Día de derbi na Medela. E non un calquera. Taboada e Chantada vólvense ver as caras en competición oficial. En xogo, os tres puntos e o posible ascenso dos da Vila do Asma. Tamén, a conversación de mañá nos bares destas dúas vilas. Pero… falta algo. Mellor dito, alguén. Onde está ese señor da cámara que sempre sorrí? Esa é a pregunta silenciosa que moitos barruntaron no escenario principal. Tanto no céspede coma na bancada.

Efectivamente, Anxo Varela non estaba na Medela. ‘Canti’ tiña partido e ben distinto. Nunca se perde un encontro dos seus e menos un derbi. Pero esta vez tocáballe xogar a el. Á mesma hora. Porque agora é Anxo o que porta o dez, o sete ou o cinco. O número que queira. O que está claro é que o motor do Taboada, ten que selo máis que nunca. Xa non chega coas súas fotos (dos seus e dos rivais), coa súa axuda impagable. Ben sexa cubrindo papeles, recollendo balóns ou poñendo un café na cantina. É a hora de que asuma o seu papel protagonista. Disputa o seu partido, o máis importante do ano. Todo o equipo do fútbol lucense xoga con el. Este gran home de clube vai recolleitar o moito que leva sementado. Collémoslle o relevo. Sí, porque agora a foto sacámola nós. Esa imaxe na que Anxo lle mete un gol por toda a escadra ao duro rival que ten enfrente.

O gran partido de Anxo

Trío de Ases Terceira (Xornada 26) e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *