#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira (Xornada 26) e Preferente (Xornada 25)

 

Candidatos a todo. O Polvorín e o Ribadeo volveron demostrar unha semana máis as súas candidaturas ao ascenso. O cadro de José Durán remontou o tanto inicial do seu exxogador Julio Camba para seguir a un punto do líder. Morais e Coqui, cun doblete, levaron o triunfo para a capital. A pesares das importantes baixas coas que contaba o filial do Lugo neste derbi ante o Viveiro. Pola súa parte, o Ribadeo sentenciou o encontro antes da media hora de xogo. Aí marcou os seus tres goles, dous deles de Luki. Tamén sigue na loita o Castro, que viu como o As Pontes lle arrebataba a victoria no tempo de desconto. Álvaro abriu a lata pero o cadro pontés, plagado de vellos coñecidos, arañou un punto. Foron titulares homes coma Fidi, Adrián Iglesias, Rubén Pardo, Kiko Mariño…

Pola zona baixa, o Outeiro acusou os seus erros defensivos e de pouco lle serviu adiantarse no marcador. Tres tantos no cuarto de hora final do primeiro tempo fulminárono. Mellor estivo a Residencia, que caeu pola mínima e con polémica no feudo do líder. Os de Álvaro Meilán reclamaron penalti na derradeira xogada do encontro. O colexiado pitouno en primeira instancia pero cambiou a súa decisión a instancias dun dos seus asistentes. Ademais, o Atlético Escairón puntuou unha xornada máis. Un empate ante o Xallas e coa boa nova de que o gol foi de Pandiani. O ‘Rifle’, recuperando o seu olfato de ‘killer’. Por último, o Racing Villalbés cedeu na Magdalena ante un rival directo coma o Barco. Os de Óscar Gilsanz mereceron mellor sorte, especialmente na segunda metade. Deste xeito, quedan fóra de postos de play off de ascenso. Pero aínda queda moito camiño por percorrer… E aquí o seguiremos comentando!

 



[themoneytizer id=»15360-16″]



Trío de Ases Terceira (Xornada 26) e Preferente (Xornada 25)

O gran partido de Anxo

Trío de Ases Terceira (Xornada 26) e Preferente (Xornada 25)

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *