30 decembro 2016. Diego Núñez. Excapitán do Lemos e xogador do As Pontes.
Pregunta. Cómo se xestou a túa chegada a As Pontes neste mercado invernal?
Resposta. Foi por medio de Alberto López. Él filtrou un informe e aos dez minutos chamoume Xaime, o presidente. Xaime foi de cara dende o primeiro momento e falei con Chicho. Con Chicho teño trato personal e fíxenlle ver que ía mellorar como xogador. Foi rápido. Estou moi agradecido a todos.
P. Falando do Lemos. Se a situación dende fóra pinta complicada. Dende dentro, qué nos podes contar?
Dende dentro estaba complicada obviamente. En número de efectivos estabamos limitados,. Normal que se quixeran ir. A situación era inestable, non sabiamos se o presidente ía dimitir ou non. Él quere ao Lemos. Equivocarase nas formas pero non o vai deixar desaparecer. Dende aquí pido que o Lemos e Chicho tivesen ese apoio que necesitan.
P. Qué che parece a solución da posible inversión dun grupo chinés?
Comentáramo Chicho, mostroume un papel de feito. Sóname a buscar solucións. Semella moi difícil. Eu comenteille que era complicado e descabellado. Se sae ben é unha solución. Senón un ridículo. Pero quen non arrisca non gana…
P. Arriscar para gañar. Quizais o que fas ti coa túa aposta polo As Pontes?
Eu quero xogar e demostrar que o podo facer na Terceira. Vou para axudar e que As Pontes queda na Terceira. E se o logramos, eu obviamente triunfo.
Foto: A Voz de Galicia