Pregunta: Como se leva o de competir nunha categoría nacional sen apenas adestrar?
Resposta: Eu tómome o fútbol coma un hobbie, aínda que cando salgo a competir os domingos, deixo todo o que teño. Adestro pola miña conta sempre que podo e teño unha boa xenética.
P. É moi duro compaxinar o teu traballo de policía en Madrid co fútbol?
R. Sí, é duro. Non lle podo adicar todo o tempo que quixera. Teño que agradecerlle ao CD Castro todas as facilidades que me dan e que me permitan faltar a adestramentos.
P. Cales foron as razóns para seguir no fútbol lucense e non pasarse ao madrileño?
Teño á miña familia, moza e amigos aquí en Galicia. Tiña moi claro que quería seguir no fútbol galego. E despois de lograr o ascenso co Castro, estaba claro que tiñamos que disfrutar todos deste premio de xogar na Terceira Galega.