Como non podía ser doutro xeito, débome a escribir algo do meu amigo Xose, e máis ca nunca, despois do ocorrido. É duro ter que despedir a un amigo íntimo, e sobre todo a alguén que nos daba tanto a cambio de tan pouco ou nada.
Non pode ser doutro xeito, porque o fútbol vinculounos desde moi nenos. O fútbol máis maravilloso que pode existir, o fútbol do patio do colexio, da praza do convento de Meira, o fútbol do pavillón e do instituto, e o de todos e cada un dos nenos que nos fixo e fai disfrutar e ilusionar desde que comezamos a deixar e gatexar e tropezar.
Lembro aqueles «partidiños de rúa» que xogabamos ao pé da nosa preciosa igrexa de Meira. Aqueles nos que calquera se podía sentir importante. Aquel partido no que metías un gol e che sentaba mellor que o mesmísmo Balón de Ouro a Leo Messi ou Cristiano Ronaldo. Creo que Xose sempre viu no fútbol una diversión máis na que compartir un bo rato cos seus amigos. Aínda recordo a envexa que me entrou cando chegou co seu pai Daniel de Lugo cunhas zapatillas Lotto verdes recén mercadas na tenda de Bispo Aguirre. Tardei unha semana en copiarllas!!
Lembro o sorriso de Xose cando che metía un cano, creo que o facía moito máis feliz que a calquera de nós marcar un gol.
Adentrándome na súa habitación, chea de recordos, atopeime cun premio persoal á regularidade na temporada 2000-2001 na SD Meira, na categoría cadete, feito que non foi unha casualidade. Xose era un xogador de facer equipo, de facer grupo e demostrar sempre o mellor del e o compromiso co equipo no que participaba, acudindo sempre aos adestramentos, feito polo cal o seu adestrador nesa temporada, José A. Fernández Pérez, o premiou.
Na categoría afeccionado pasou polo Meira FC na Segunda Rexional, pra rematar na UD Pastoricense, coa que acadaría un ascenso á Primeira Autonómica, categoría na que aínda milita hoxe en día. Laméntome que o fútbol non nos deixara disfrutar dunha relación adestrador-xogador, xa que sería especial.
Xose deixou un recordo moi especial pra todos nós, e todos lembraremos aquel sorriso na Lomba, no convento, no colexio ou no pavillón, no campo de Bretoña, no Acebreiro e alí onde estivo preto dun balón de fútbol.
Gracísimas amigo XDF. Xamáis te esqueceremos
Víctor López Hernández, «Vitín» é o actual adestrador da UD Pastoricense. Amigo persoal de Xose da Flor.