Hai escasas semanas, falabamos con Álex Paz sobre a delicada situación do Viveiro. Non é o único clube lucense en apuros nesta Preferente tan disputada. Outeiro de Rei, Atlético Escairón e Residencia están metidos de cheo na pelea pola salvación. Así que quixemos enfrontar aos adestradores destes tres equipos ás mesmas preguntas. Juan Peón (Outeiro de Rei), Charly (Atlético Escairón) e Álvaro Meilán (Residencia) atenderon amablemente a nosa chamada. A loita pola permanencia está servida!
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/02/residencia-300x225.jpg)
-Explícanos a situación actual do teu equipo.
JUAN PEÓN: A nivel meramente numérico non estamos ben. Somos os últimos. A nivel de como vexo o equipo, traballo, competitividade e implicación; estou moi contento e ilusionado. A primeira volta foi de aprendizaxe rápido. Na segunda temos que ser máis solventes.
CHARLY: A sensación é que imos medrando pouquiño a pouquiño. Só tiñamos 13 xogadores dispoñobles nos últimos partidos, algún deles tocado. Así é moi difícil competir. Cos que recuperamos agora e as fichaxes poderemos competir cun mínimo de condicións.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
ÁLVARO MEILÁN: A clasificacion é unha realidade que esta aí. O grupo está enchufado e adestrando ben. Iso é algo moi imporante para afrontar a segunda volta. Agora recuperamos xente para ir cara arriba. Está todo moi igualado.
-Contabades estar así a estas alturas de tempada?
J.P: Sabía que ía ser un ano moi complicado. Non podemos olvidar que este equipo é 100% amateur. Na categoría hai xogadores e equipos moi importantes. Naide pensa en ir último, iso sí. É un ano de aprendizaxe para os xogadores e o clube. A ver se somos capaces de librar e afrontar o seguinte con outras expectativas. E senón trataremos que sexa proveitoso a nivel de clube e de de experiencia para os xogadores.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
CH: Estou vendo unha liga moito máis igualada que outras Preferentes de outros anos. Non vai haber equipos que non cheguen aos 30 puntos, coma outras veces. Os da parte baixa arañan puntos aos de arriba. A loita polo ascenso e polo descenso vai estar moi parella.
A.M: Sempre que empezas unha competición nova, non sabes o que vai deparar. Os primeiros cinco, seis partidos competimos moi ben. Logo houbo situacións nas que se notaron as baixas. Non puidemos repetir onces nin dar continuidade aos xogadores. Pasounos factura.
-Consideras que a planificación do plantel no verán foi a correcta ou botas algo en falta?
J.P: O único que me doen son as lesións graves que tivemos, tanto o ano pasado coma este ano. Son xogadores afeccionados, e aféctalles moito a nivel persoal. Unha operación de cruzado ou hernias discales… Veñen sen cobrar e aféctalles a nivel persoal e de traballo. Eu estou encantado co cadro de xogadores que fixemos. Non cambiaría a ningún. Persoalmente merecen moito a pena. O que me doe como adestrador é non estar máis arriba. Por implicación non vai quedar. Pero temos que mellorar cousas, empezando por min.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/07/alberto_lopez_escairon-300x212.jpg)
CH: Non sei quen a fixo, nin quen, nin como. Noto en falta xogadores de banda para como concibo eu o fútbol. Teño que adaptarme ao que teño e senón chegan eses xogadores, xogar doutra maneira.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
A.M: Os primeiros resultados e o inicio de campionato foron correctos. De seguir nesta liña estariamos falando doutras cousas. Temos clara a nosa idea. Xa debutaron xuvenís e xente do equipo B foron titulares. Sabemos o que queremos: xente nova. Aínda que nos puidese faltar esa veteranía fóra… Agora o equipo xa madurou, pasou a aprendizaxe e toca refrendalo no campo.
-Vai haber movementos neste mercado invernal?
J.P: Penso que naide vai marchar. O Outeiro é un equipo cómodo, no que se está a gusto. Trátase moi ben á xente dende hai moito tempo. Fichar xa veremos, pero a idea non é esa. Se a xente está implicada, conto cos que estamos dende o principio. Pero se aparece… Vai ser más que apareza que por buscar. Os que estamos agora somos os que temos que scar isto adiante.
CH: Estamos neso, estou buscando ese perfi de xogador de banda, que de amplitude para atacar. A estas alturas de temporada é moi complicado. Pero fichamos xa a César, o porteiro do Ferreira. E a Alami, que estaba sen equipo. E a Asier, que estaba a xogar pouco no Barbadás. Tres que veñen a sumar.
A.M: Non, a confianza é absoluta e total . Iso non quita que está aberto a situacións que poidan pasar, coma calquera outro equipo. A aposta é total polo proxecto que comezamos en xullo.
-Por onde pasan as opcións de permanencia do teu conxunto?
J.P: Gañar partidos. Gañar o seguinte contra a Residencia e o próximo, que é na casa. Hai que gañar eses dous seguidos e damos un salto grande. A clave é non estar nunca descolgados. Ver que ganando dous estás cerca dos de arriba. E senón pelexar por outras cousas se chega ese caso. Temos que ser capaces de competir e ser difíciles. que ningún equipo chegue e sexa superior a ti. Por esta orde: competir ben, sacar resultados e subir na clasificación.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/12/IMG_8314-281x300.jpg)
CH: En ser regulares e non pegar picos de resultados positivos e logo negativos. O que sexa capaz de ter unha liña de continuidade, de ser regulares e non pasar moitras xornadas sen gañar… salvarase. Hai que ser fortes na casa e máis ambiciosos fóra dela. Temos que ter personalidade e ir máis a polos partidos de fóra.
A.M: Isto é moi longo. Quedan moitos partidos. Temos que seguir adestrando e competindo. Tivemos tres partidos, que de non ser así, non estariamos na situación na que estamos: Xallas, Ordes, San Tirso… Con veteranía e sorte, teriamos máis puntos. Pode semellar difícil pero a nivel de xogo, sobre todo na casa, non hai que alarmarse. A asignatura pendiente é fóra da casa. Coma visitantes temos que mellorar, non facemos o mesmo fútbol ca na Cheda por momentos.
-Cal é o equipo que máis che sorprendou desta Preferente?
J.P: O mellor equipo é o Polvorín. Atrás moi ben pero arriba teñen artillería: Cuadrado, Escriche, Facu, Coqui… Gáñanche un partido, pero ves todos os xogadores e todas as liñas… Todos son bos. Gustoume moito tamén o Paiosaco. Moi intenso, pero xogan distinto ao Polvorín.
CH: Do que vin eu, o Arzúa para ben. Foise moita xente pero están arriba para vez. E para mal, hai tanta igualdade… Quizais o Estudiantil. pensei que ia estar mais arriba.
A.M: O que máis me sorprendeu foi a igualdade entre todos os equipos. Calquera che pode ganar e quitarlle puntos aos de arriba. Máis que un equipo, quédome con que o ultimo é capaz de ganarlle ao primeiro.