#Fútbol afeccionado #Fútbol Base

A Federación inclúe o ‘VAR’ nas súas competicións

A tecnoloxía punta chega aos nosos campos. E faino dun xeito totalmente sorprendente. A Federación vén de publicar unha circular na que ordea a tódolos clubes membros a implatación do ‘VAR’ (videoarbitraxe). Será a partires do próximo 1 de febreiro. E como indica o propio organismo realizarase dun xeito «progresivo e adaptado á nosa realidade social e económica».

Exemplo de bandeirola, que terán os novos xuíces de detrás de cada portería

Nos diversos puntos do escrito quedan claras as directrices. A primeira xornada na que disfrutaremos o ‘VAR’ é a do 3-4 de febreiro. E farémolo en tódalas categorías do fútbol afeccionado e base se ben «os clubes participantes nas ligas provinciais de base poderán solicitar unha prórroga dun mes máis». O organismo fálanos do funcionamento deste novedoso método de axuda arbitral. Copiamos a explicación ao pé da letra.

«Conscientes das partidas orzamentarias dos nosos clubes e da ausencia de rede móvil, e por tanto de Internet, en moitos terreos de xogo; aplicaremos un ‘VAR’ adaptado durante os próximos dezaoito meses. Os equipos terán que buscar para os seus partidos coma locais a dúas persoas, con pasado deportivo coma adestradores, delegados ou xogadores; que se coloquen un detrás de cada portería. Cada un terá dúas bandeirolas de tela. Unha blanca e unha vermella. A blanca servirá para ratificar a validez da decisión tomada polo colexiado principal. A vermella para facer revisar a xogada, tendo o árbitro que acudir a falar co novo xuíz de campo en canto se deteña o xogo, se é que este xa non está parado».

Colocación correcta dos axudantes do ‘VAR’

O ente autonómico deixa moi claro en que situacións se pode recurrir aos expertos do ‘VAR’. Soamente en accións a balón parado e agresións. Veremos como sentan as novas directrices nos nosos clubes. Dende a institución galega son conscientes da polémica que se vai crear coas ordes que se extraen desta circular. Por esa mesma razón, facilitan un correo electrónico provisional ao que se poderán dirixir os equipos para mostrar as súas suxerencias ou queixas. O enderezo é o seguinte: vargalego@gmail.com



A Federación inclúe o ‘VAR’ nas súas competicións

Palabra de . . . Víctor López:

A Federación inclúe o ‘VAR’ nas súas competicións

A Liga da Montaña. Episodio 3

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *