Tan só unha xornada. Iso é o que separa aos nosos xuvenís, cadetes e infantís da Segunda Fase do campeonato provincial.Fase na que oito equipos de cada categoría loitarán por dúas prazas nas eliminatorias de ascenso á Liga Galega. Dita fase consistirá nunha liga a dúas voltas na que participarán os catro primeiros clasificados de cada un dos grupos (norte e sur) da Primeira Fase.
A meirande parte das prazas xa están cubertas, pero varios equipos aínda contan con posibilidades de conseguir o ansiado cuarto posto que lles permita enfrontarse aos mellores equipos da provincia e, por qué non, estar competindo cos mellores da comunidade na próxima campaña.
En categoría infantil, os equipos matemáticamente clasificados son SD Ribadeo, Porto Burela, Lugo «B» , SD Viveiro, Milagrosa «B», Residencia «A» e Racing Villalbés «A». Estará en xogo a cuarta posición do Grupo Sur entre ADC Piringalla e Sarria, que se medirán a Palas e Ferroviaria «A», respectivamente.
No que atinxe aos cadetes, Sarriana, Residencia e Polvorín son os clasificados no Grupo Sur, mentres que Monterroso e Sagrado Corazón loitarán pola última praza nun duelo con sabor a final: Monterroso-Sagrado Corazón. Os lucenses necesitan a victoria, mentres que un punto sería suficiente para os de Cerdeiriños. No Grupo Norte, Milagrosa, Ribadeo, Xove Lago e Castro están matemáticamente clasificados.


Por último, falando dos xuvenís, Porto Burela, SD Ribadeo, ED Lourenzá, Residencia «A» e Milagrosa «A» son os conxuntos clasificados, e Palas, Sagrado Corazón, CD Castro, Monterroso, Foz e Sporting Pontenova disputarán as tres vacantes na última xornada, sendo os tres primeiros os mellores posicionados.
Desexamos moita sorte a todos os nosos rapaces nesta última xornada e no provincial!
