#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 527

Os movementos non deixan de chegar na fin de semana no fútbol da nosa provincia. Comezamos con fichaxes na Sarriana. O conxunto que adestrará Alberto Mariano no ano do seu retorno á Terceira RFEF contará con dúas novas pezas no parcela atacante. Aimar Gómez, formado na base do CD Lugo, chega á Ribela procedente do xuvenil do Granada. A segunda incorporación é Víctor Pascual ‘Pascu‘, futbolista procedente do CD Lugo B, con pasado na base do Alcorcón.

Moitas novidades tamén na Preferente. O Lemos asegura a continuidade do mediocentro de Sarria Iñaki Rodríguez. O club lemista anunciou tamén a fichaxe de Jacobo Rodríguez, que ven de finalizar a súa etapa de formación no Calasancio. Súmase á incorporación de Sellal Noureddine, procedente do Atlético Escairón, tal e como publicara La Voz de Galicia.

No Burela seguirá o veterán Javi Celes, que cumprirá a quinta temporada consecutiva no conxunto da Marosa. Moitas renovacións tamén no Pol. Logo da renovación do corpo técnico, no cadro chairego continuará o gardameta Javi Liz, os defensores Julio Camba, Pablo Rey e Samu, e os medios Luis Díaz, Alesito, Marco e Marquitos.

Na Primeira Futgal, o Ribadeo refórzase coa chegada do lateral Manu Rodríguez. O ovetense xa formara parte do conxunto mariñán na temporada 2023/2024, e logo do seu paso polo San Martín da Terceira RFEF asturiana, retorna ao Pepe Barrera onde tamén será adestrador do conxunto xuvenil da SD Ribadeo. Na Residencia, Rafa Casanova poderá contar con boa na vindeira temporada con boa parte dos seus xogadores de ataque. Romy, Mauro, Calde, Iago e Alexito seguirán no conxunto da Cheda.

O Racing Vilalbés B continuará un ano máis comandado por Iván Lamas. O técnico chairego liderou ao filial desde a súa orixe acadando dous ascensos ata a Primeira Futgal, onde xogará por terceiro ano consecutivo. Estará ás súas ordes Kevin Fontenla. O mediocentro será tamén o encargado da preparación física da base do Racing. O Brollón asina a contratación de Bilal Dahmouni ‘Bili‘. O atacante chega procedente do Portomarín onde coincidiu co adestrador Diego Rey. Ademáis, no club dos Medos continuan Yeray González e Sergio Guitián ‘Guiti‘.

No Catro Roldas continuará o All Star Alberto Rey, que cumprirá a terceira temporada no conxunto amarelo. Tamén seguirán ás ordes de Suso Coto, o mediocentro Nunes e o defensor laurentino Pepe.

O defensa vilalbés Jonathan Montes ‘Jhony‘ cumprirá a súa cuarta temporada no Teixeiro. O club do concello coruñés de Curtis, limítrofe con Guitiriz, vén de regresar á Segunda Futgal.

Diario dun mercado. Episodio 527

Diario dun mercado. Episodio 527