#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 523

Make conitnuará no Vilalbés este mercado

O mercado no noso fútbol non para tampouco en fin de semana. Comezamos no fútbol profesional, coa incorporación de Diego Bermúdez ao staff do Villarreal. O que fora adestrador do Ribadeo ao comezo da pasada temporada viña de formar parte do corpo técnico da selección de Uruguai, e agora estará ás ordes de Iñigo Pérez no cadro amarelo.

O que fora All Star Futbolinlugo na edición de 2025, Unai Peón, renovou coa SD Compostela, conxunto co que debutará na Segunda RFEF.

Na Terceira RFEF, o Racing Vilalbés anunciou a continuidade de outro All Star, Alberto Lamas ‘Make‘. O de Árbol asume a honra de ser o primeiro capitán do conxunto chairego logo da retirada de López. Con ficha do filial, tamén anunciou o cadro vilalbés a incorporación de Aaron López, procedente dos xuvenís do CD Lugo e con pasado no Castro.

A Sarriana segue reforzando o seu cadro de xogadores coa incorporación de Álex Cabarcos. O lateral zurdo pontés retorna así á nosa provincia dez anos despois de vestir a camisola do Racing Vilalbés. Conta con ampla experiencia no As Pontes, Somozas, Bergantiños ou UD Ourense. Tamén xogará na Ribela o xove porteiro Jairo Luaces, formado na base do CD Lugo.

Na Preferente, o Pol renova ao seu corpo técnico ao completo, según informa El Progreso. Ramón Labrada seguirá á fronte do equipo e contará con Manolo García como segundo e Camacho como asistente. Xaime Rego incorpórase ao staff como preparador físico.

Xa na Primeira Futgal, o Foz asinou a contratación de Dani Prieto, xogador de banda dereita que chega procedente do Iberia, conxunto no que militou as últimas temporadas. Anteriormente xogou no Ribadeo e no Real Tapia. Diego, Hugo Fustes, Bruno e Aarón seguirán un ano máis no Martínez Otero.

Novidades tamén no Guntín. Luis Villasante, Mateo Celeiro e Álex Vázquez continuarán no conxunto que dirixirá outra temporada máis Germán Campos. Pola contra, causa baixa Iker Rodal. O Brollón incorpora a Diego Fernández, onde coincidirá co seu irmán Chesky. No club dos Medos seguirá tamén o porteiro Álex Martínez e Pablo Tourón. O Folgueiro reforza a súa zaga coa chegada do lateral Xoel Álvarez, futbolista aínda en idade xuvenil, procedente da SD Viveiro.

O Celta Barreiros garante a continuidade do gardameta Kemer, que cumprirá a súa segunda campaña no Cascabeiro. Tamén renova Borja Bouza como adestrador no Xermade. O técnico afrontará a cuarta campaña á fronte dun conxunto que contará novamente con Pedro Coria e Diego Bellas ‘Chungui‘. Este último xogará no club por decimoquinta temporada. Outro clásico é Edgar, futbolista que seguirá capitaneando ao Ferreira. Tamén continuarán no Baliño o gardameta Adri, Lucas, Amadeo e o goleador Rafa.

O Castroverde, recén descendido á Terceira Futgal, seguirá contando cos goles de David Muñiz. Outro conxunto que perdeu a categoría, o Sober, contará con Ramón Sánchez ‘Armental‘ e Eduardo Silva como novos adestradores. Ambos chegan a Centeás tras rematar a súa estancia no Calasancio. O Relámpago Taboada renovou a Jorge, Christopher e Ezza.

Diario dun mercado. Episodio 523

Diario dun Mercado. Episodio 522

Diario dun mercado. Episodio 523

Diario dun mercado. Episodio 523