A Copa deixou xa as semifinais postas e unha das grandes historias que nos está agasallando nesta tempada é a do Guntín. Mentres están facendo unha gran tempada na Primeira Futgal, lograron na pasada fin de semana o pase ás semifinais, onde se medirán ao Monterroso. É o seu camiño o que os fai únicos, xa que son o equipo que pasou pola fase previa que máis lonxe chegou. Pero é que polo traxecto eliminaron tanto ao Pol como ao Chantada.
Un dos xogadores importantes da eliminatoria foi Borja. Na súa segunda titularidade despois de recuperarse dunha longa lesión, logrou marcar un gol chave para a vitoria. O dianteiro do Guntín pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron da Copa, da tempada do equipo e da recuperación da súa lesión
Entrevista a Borja do Guntín
Eliminatoria de Copa: «O Chantada xa o estamos vendo este ano, traballan moi ben e teñen un gran grupo que sempre dificultan as cousas. Fixemos un gran traballo e conseguimos a vitoria. Vas a por todo en todas as competicións. Sabíamos que había grandes rivais e agora a Copa para nós é algo que queremos chegar a conseguir».
Tempada do Guntín: «Con altos e baixos, non che vou a mentir. O equipo arrincou moi ben e fixemos seis partidos sen perder seguidos. Hai fochancas que fan que remates nunha posición na que estás en terra de ninguén».

Recuperación: «Afectoume psicoloxicamente no persoal. Axudei estando no vestiario e nos partidos apoiando sempre e mostrando que vou estar para eles en todo momento».

