A Sarriana suma unha nova vitoria para ter boas sensacións no treito final

O treito final aproxímase con boas sensacións

O Trío de Ases O Cantón xa se atopa no treito final da competición e, pese a que os equipos da Preferente non xogaron a liga nesta fin de semana, os lucenses chegan a el con boas sensacións. A Sarriana goleou a un Sámano xa descendido por 4-0, mentres que na Terceira o Viveiro venceu ao Gran Peña por 2-1 e o Lugo B ao Silva por 0-1. O Racing Villalbés foi o único que non gañou, pero sumou un meritorio punto ante o Boiro.

A Sarriana mantense no bon camiño

A trascendencia da vitoria era moi alta para os de Dani Giménez e conseguiron gañar ao Sámano con claridade (4-0). O partido encarrilouse moi pronto, xa que apenas no minuto 4 de partido, Iago Díaz puxo un centro que, con algo de axuda por parte do porteiro rival, acabaría converténdose no primeiro tanto. A Sarriana controlaba o encontro con comodidade e tiña moitas oportunidades para facer o segundo, pero esperaron ata o 38 cando Berardozzi colgou un balón a Iago Díaz, que a poñería para que Edu rematase a gol.

Con só tres minutos transcurridos da segunda metade, David Vilán fixo unha bicicleta e conectou un disparo moi potente que superou a Oleaga. Co encontro xa sentenciado, Dani Giménez rotou e tivo oportunidades para facer o cuarto cun doble remate de Iago Parga e Iker Escudero e un man a man do debutante Dono. Non foi ata o 90 cando Edu deixou en bandexa de prata o gol a Hugo Villaverde, que se reencontraba cos tantos para pechar a goleada.

O Viveiro busca a calma para o treito final

O Viveiro chega ao treito final como un dos poucos equipos da Terceira RFEF que pode ter algo de calma nas últimas semanas do curso. A vitoria por 2-1 ante o Gran Peña comezou sendo o froito dunha gran presión alta que lles permitiu transitar con moita efectividade. Xa no minuto 2, amosaron o seu bon xogo tras unha combinación entre Kablik e Rolle que o segundo transformaría para inaugurar o marcador. Álvaro estivo cerca de facer o segundo antes do descanso.

Na segunda metade, o Gran Peña moveu ficha e meteu aos seus dous homes gol, Fran López e Cellerino. Xunto con Antón de Vicente, os vigueses controlaron o encontro sen grandes oportunidades ata que Fran López aproveitou un saque de curruncho para igualar. Alberto López tamén moveu pezas e, coas pernas frescas, retomarían as oportunidades. No minuto 83, unha falta lateral remataría con Diogo poñendo aos da Mariña con oito de distancia co descenso.

O Lugo B dá un paso moi forte

O Lugo B tiña unha das visitas más difíciles da tempada no campo do Silva e conseguiron superala con éxito tras vencer por 0-1. Nun campo que non lle viña ben aos de Dani Galán, sacaron o mono de traballo para disputar cada balón como se fose o último. O filial logrou boas oportunidades cando superaba o bloque do Silva. A máis clara foi de Antón, que tivo un disparo fóra da área que marchou lambendo o pau.

O dominio do filial albivermello continou e, no minuto 70, tiveron a máis clara do encontro grazas a unha moi boa conexión na que Noah e Ibe non puideron abrir o marcador. Tras varios centros perigosos e chegadas nas que non houbo fortuna, todo chegaría ao éxito na xogada menos clara. Unha falta lateral foi perfecta para que Izan sacase un bo remate de cabeza no que fixo o gol da vitoria. Os lucenses xestionaron ben os minutos finais e chegan ao treito final con ganas de loitar por todo.

Un punto de moito mérito

O Villalbés sumou un punto de moito mérito tras empatar por 0-0 ante o Boiro. O encontro torceuse moito no minuto 24 tras a expulsión de Javi Varela, o que fixo que o conxunto chairego tivese que agrupar as filas para ir a polo encontro. Javi Rey tivo unha boa oportunidade na segunda parte, pero non a puido aproveitar. Pese a todas as baixas, os chairegos aguantaron con boas paradas de Santomé e solidez defensiva para sumar un gran punto.