Golpe sobre a mesa de Antas e Milagrosa

  • O PM Friol caeu ante o líder, As Celtas B
  • O Antas gañou por goleada a un rival complexo, o Lóstrego B
  • A Milagrosa segue imparable cos goles de Irene e segue subindo postos

As friolesas non puideron co líder, As Celtas B

Malia comezar o partido moi igualado e amosando un gran xogo, o PM Friol rematou por sucumbir na súa visita ao líder da Terceira RFEF, o filial de As Celtas, que remataría endosándolles un 4-0 moi inmerecido para un PM Friol que comezou mirándoas de ti a ti.

Once inicial do PM Friol na súa visita a As Celtas B. Foto cedida

Porén, a igualdade desfíxose cando Elisa antou para as celestes un penalti moi dubidoso asubiado por González Lamas. Un xarro de auga fría que non descompuxo ao PM Friol, que seguiu aprentando ata o minuto 70, cando chegou o segundo tanto de As Celtas B. Coa diferenza xa de dous goles, o PM Friol perdeu a confianza e con ela tamén a calidade e intensidade do seu xogo. Así, Candela no m. 75 e Paula no m. 89 firmaron a vitoria celeste (4-0).

O Antas está imparable

Ás ulloanas pasoulles o contrario: tras comezar o partido con certas dúbidas, estas disipáronse cando Elisa, grazas a un disparo dende lonxe, conseguiu abrir o marcador na casa do Lóstrego B, equipo da zona máis alta da táboa.

Once do Antas contra o Lóstrego B. Foto cedida

A partires de aí, o xogo, confianza e perigosidade do Antas aumentou notablemente. Goico e Jenny axiña aumentaron a vantaxe para as ulloanas, que marcharían cun 0-3 favorable ao descanso. Yanire, nun partido xa visto para a sentencia, puxo a guinda final para o definitivo 0-4.

Os goles de Irene seguen impulsando a unha Milagrosa imparable

A gran tempada da Milagrosa segue sorprendendo semana tras semana mellorando cada vez máis facetas do seu xogo e, así mesmo, colleitando merecidos resultados tras grandes partidos.

Xogadoras da Milagrosa antes do partido contra o Dumbría. Foto cedida

O desta fin de semana ante o Dumbría, a domicilio, foi outro exemplo. As de Héctor Expósito firmaron un dos mellores encontros do que vai de tempada, que xa non era nada desdeñable. Con Irene en estado de gracia, os goles chegaron a moreas das súas botas (4) e ben acompañada por Gabi, que anotou outros dous para o 0-6 final.

Cruz para o San Lázaro

Peor sorte tivo o San Lázaro que, tras comezar mal o partido por unha mala planificación técnica, erro que o adestrador asume como propio, viuse axiña cun 2-0 desfavorable nos primeiros 20 minutos de xogo, 3-0 ao descanso.

Unha situación na que había que recolocar pezas, reconfigurar o xogo, loitar e confiar porque un equipo da calidade do Victoria CF C cometera algún erro. Malia non baixar os brazos, o San Lázaro conseguiu anotar dous goles (Dou e Xiana) pero que non foron abondos para poder puntuar.

O PM Friol B gaña pola vía rápida ao Monte Forte

Non deron opcións as xogadoras do filial friolés a un Monte Forte ao que xa dominaban con claridade no campo e no marcador na primeira media hora do partido (4-1).

Xogadoras do PM Friol B antes do partido. Foto cedida

Nerea, Patri, Isa e Alba Menán anotaron os 7 goles do PM Friol mentres que no Monte Forte, foron Moji e Marián quenes trataron de recurtar distancias para chegar ao 7-2 final.

A Comercial segue sen atopar puntos

Tampouco puido ser esta fin de semana a oportunidade da Comercial para estrear o seu casilleiro de puntos ante un Lalín que se coloca penúltimo na clasificación.

As de Vicky Burgo comezaron ben o partido, pero uns fallos groseiros no bloque defensivo provocaron a chegada do primeiro gol do Lalín.

Xogadoras da Comercial antes do encontro co Lalín. Foto cedida

Axiña a Comercial acusou, unha vez máis, a ansiedade por colleitar algo positivo do partido, o que fixo que se descolocaran por completo sobre o verde e se precipitaran, impedíndolles transformar as ocasións das que dispuxeron, en goles.

Quen non desaproveitou as oportunidades das que gozou foi o Lalín, aumentando o marcador ata o 0-4 final.

Táboas xustas para o Carballedo

As rosas atopáronse ante o Bandeira un partido moi igualado, con dous equipos moi parellos.

Comezou o Carballedo con maior dominio e ocasións ata que Ari abriu o marcador (0-1) cun gran gol.

Integrandes do Carballedo antes do partido. Foto cedida

Malia que as lucenses tiveron numerosas oportunidades para anotar o segundo, este non chegou e o paso polos vestiarios non favoreceu ao Carballedo.

As de Roberto «Sementa» sairon ao campo con menor concentración e así, nunha contra, chegaría o empate do Bandeira.

Tras igualar o partido, foi o Carballedo o que recuperou o dominio do xogo e tamén as ocasións, pero unha boa actuación da porteira local e a falta dun pouco máis de sorte, impediulles levarse o partido.

A histórica Chusa con dúas grandes intervencións xa no tramo final do partido asegurou o punto para o Carballedo.

Golpe sobre a mesa de Antas e Milagrosa

Golpe sobre a mesa de Antas e