Ramón Labrada, adestrador do Pol

Ramón Labrada (Pol): «Con estes xogadores todo é máis doado»

O derbi lucense da Preferente Norte era toda unha final tanto para o Pol como para o Burela. Ambos equipos loitaban por moito máis que tres puntos, se non que o que gañara escapaba do descenso e metía ao seu contrincante. Pese a que era o que chegaba nunha peor situación clasificatoria, foron os de Ramón Labrada os que conseguiron sumar os tres puntos para poder escapar dos postos perigosos da táboa co gol de Diego Rey no minuto 81 para poñer o 3-2.

Pese a ter unha campaña na que a mala sorte está sendo unha gran protagonista da campaña do conxunto chairego, Labrada confía na permanencia. O técnico pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do anterior encontro, a loita pola permanencia e as expectativas que había no equipo.

Entrevista a Ramón Labrada, do Pol

Derbi ante o Burela: «Foi un encontro con moito en xogo. Tivo moitas fases, pero creo que no cómputo xeral fomos mellores e merecimos os tres puntos».

Expectativas previas á tempada: «Esperábamos estar máis arriba, e sobre todo despois do final da tempada pasada. Por diversas circunstancias e a igualdade da competición estamos onde estamos. Temos que sacar adiante está situación delicada».

Causas da tempada: «Esto do fútbol son dinámicas e non empezamos da mellor forma. Tamén sufrimos moitas lesións, o que non é unha disculpa porque temos un cadro equilibrado. Pero sobre todo a igualdade da categoría».

Grupo humano: «Con estes xogadores, no sentido táctico, é máis doado. Teñen moito fútbol nas costas. É unha pena o tema das lesións, pero os máis veteráns aportan moito».

Ramón Labrada (Pol): «Con estes xogadores todo é máis doado»

O San Lázaro e o Chantada B