Irene Sante, da Milagrosa

Irene Sante (Milagrosa): «Queremos ser ambiciosas e loitar pola promoción»

O fútbol feminino regalou antes do Nadal un derbi entre o San Lázaro e a Milagrosa que venceron as albivermellas por 1-2. Unha clara constatación do bon momento de forma que atravesan, xa que se atopan na cuarta posición, a cal da acceso á promoción de ascenso dunha Primeira Futgal na que se atopa o Antas. Moito ten que ver coa influencia de Irene Sante, que en só 13 encontros suma 17 goles. Unhas cifras feitas só para as mellores

Irene voltou ao fútbol na tempada pasada coa Milagrosa e, xa na súa volta, foi trascendental para o equipo. No mellor momento da súa carreira deportiva, a dianteira da Milagrosa pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Juan Carlos Rodríguez, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do derbi, o seu rendemento e o gran estado de forma do equipo.

Entrevista a Irene Sante da Milagrosa

Derbi da semana pasada: «Foi un encontro no que estabamos nerviosas porque era un partido importante. Foi axustado, pero fomos superiores e tivemos as ocasións necesarias como para poder gañar por máis goles».

Estado de forma: «Nunca me pasaron estas cifras. Desde a miña volta teño unha faceta goleadora que era rara para min. Estanme dando a oportunidade de ter minutos e o balón está entrando. Eu só quería xogar e neste momento aquí estamos. Ao mellor vexo a portería máis grande do normal».

Obxectivo da Milagrosa: «O obxectivo sempre foi manterse, xa que o ano pasado foi moi axustado o noso ascenso. Sendo ambiciosas, queremos loitar pola promoción. Hai que ver que pasa despois deste encontro e do parón polo Nadal».

Grupo humano: «É un grupo moi novo, teño 24 e son das veteranas. Estamos tirando moito de cadetes e a verdade é que temos unha boa remesa de xogadoras que teñen a calidade suficiente para poder axudar ao primeiro equipo».

sorpresas

Irene Sante (Milagrosa): «Queremos ser ambiciosas e loitar pola promoción»

Peche de ano case perfecto para o