#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Sergio Cora (Viveiro): «Encantaríame estar tranquilo na metade de táboa»

Sergio Cora, dianteiro do Viveiro

O Viveiro conseguiu unha vitoria clave ante o Silva na Terceira RFEF para comezar a separarse dos postos de descenso. O gol de Sergio Cora serviu para que os de Alberto López colla cada vez máis distancia cos que poden ser os seus rivais na loita pola permanencia. Os da Mariña non tiveron un inicio soñado na categoría, pero a través da solidez na parcela defensiva están conseguindo manter unha boa vantaxe cos equipos que ocupan os postos de descenso á Preferente.

Cora está sendo capital para os plans de Alberto López na parcela ofensiva. O dianteiro pasouse polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do partido ante o Silva, o inicio da tempada e os obxectivos que teñen no Viveiro de cara a esta tempada.

Entrevista a Sergio Cora do Viveiro

Encontro ante o Silva: «Sabíamos que era un encontro moi complicado pese a que o Silva non chegaba nunha boa dinámica. Era un partido crucial para ambos e nós demostramos o importante que era a través dunha gran concentración e o equipo foi enorme».

Inicio da tempada: «Non está sendo como nos poderíamos esperar porque os resultados determinan onde temos que estar. O equipo creo que está mostrando unha boa cara independentemente de ser un cadro curto. Os resultados non o reflicten agora, pero a tempada é moi longa e a categoría é moi esixente».

Alberto López: «Transmítenos que somos un gran equipo, que esta categoría non é doada e que cada erro perxudica moito. Non hai equipos superiores e que temos que seguir co que estamos a facer porque cada detalle conta».

Obxectivos do Viveiro: «Ogallá non loitemos pola permanencia, encantaríame estar tranquilo na metade da táboa. Cada xornada é unha sorpresa e queremos evitar pensar no último tramo en descender ou non».

Foto do Instagram de Sergio Cora.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *