#Con F de Futbolista #Feminino #Fútbol afeccionado

O PM Friol pon a directa e a SD Chantada estrea o casilleiro

Goleada a O Val para entrar no ‘pódio’ da Terceira RFEF

As amarelas firmaron a súa segunda vitoria da tempada con contundencia, endosando un 7-0 a un O Val que, dende o primeiro gol, saiu do partido.

As friolesas dominaron todas as facetas do xogo en todo momento, así que os goles foron caendo polo seu propio peso. Keisy abriu o marcador no 35′, Fati puxo o 2-0 no 40′, Yoleidis uniuse á festa co terceiro no 45+2′ e Fati volvía anotar para marchar, 4-0, ao descanso.

As xogadoras do PM Friol celebran os tres puntos no vestiario após o partido. Foto cedida

O paso polos vestiarios non serviu ás xogadoras de O Val para aclarar ideas e tratar de buscar solucións. O PM Friol baixou o acelerador e deu minutos a xogadoras menos habituais e convocadas do filial, pero aínda así a renda seguiu aumentando cos tantos de novo de Fati, Nerea e Yoleidis; ata firmar o 7-0 final. Tres puntos máis para un PM Friol que se coloca só por detrás de As Celtas ‘B’, líderes; e o Bergantiños.

Unha mala segunda parte penaliza á SD Antas

Se o partido se dividira por metades, a SD Antas sería a clara e merecida gañadora da primeira e, o Lóstrego ‘B’, da segunda. Pero no conxunto dos 90 minutos, foi o Lóstrego ‘B’ o que rematou por imporse.

A SD saiu ben ao partido, facendo un bo xogo e amosando bo entendemento entre as xogadoras que facilitou que Nuria Louzao abrira o marcador no minuto 13′, adiantando ás seoanesas. O bo traballo do equipo dirixido por Óscar Méndez levounas a desfrutar dunha vantaxe de 2-0 ao descanso grazas ao tanto anotado en propia meta polo Lóstrego ‘B’.

Once inicial da SD Antas. Foto cedida

Pero tras o paso polos vestiarios, cambiaron as tornas. As visitantes fixéronse donas e señoras do partido e axiña comezaron a recurtar distancias. No 51′, Mónica anotaría o 2-1 e no 57′, Ana puxo as táboas no luminoso. Se cadra, un reparto de puntos fora o máis xusto para este encontro, pero desta volta a balanza decantouse polo Lóstrego ‘B’ que, a piques de rematar o partido, puxo o definitivo 2-3 cun gol de Olivia de penalti que privou ó conxunto celeste de sumar esta xornada na casa.

A Milagrosa non pode co Dumbría

Malia o resultado final, 2-4, o partido estivo máis igualado que o que reflicte o marcador. Foron os goles do Dumbría no treito final da primeira parte e xusto á volta dos vestiarios os que decantaron por completo o encontro a favor das da Costa da Morte.

Milagrosa e Dumbría saltando ao verde. Foto Rober Carreira

A Milagrosa tratou de recurtar distancias mediante os tantos de Ana no 61′ e no 85′, pero non foi suficiente. Segunda derrota para as de Héctor Expósito, que se colocan no medio da táboa, 8ªs.

O San Lázaro queda sen premio ante o Victoria CF ‘C’

As de Rubén Candal fixeron durante todo o encontro un gran esforzo defensivo, presionándoas e mantendo ben a colocación no campo, pero non foi suficiente para poder co Victoria CF ‘C’. As visitantes estiveron moi ben no manexo do balón e, froito diso, conseguían sobrepasar a liña de presión do San Lázaro e chegar en superioridade ó último terzo do campo.

Once inicial do San Lázaro. Foto Rober Carreira

Un partido de moito ‘ida e volta’ sen que ningún dos dous equipos conseguira xogar con máis calma. Nese intercambio de goles, o acerto foi maior para o Victoria CF ‘C’, que cos goles de Alejandra, Julia e Noa, sumou 3 fronte ós 2 do San Lázaro, que xurdiron das botas de Xiana e Mire.

A SD Chantada suma os seus tres primeiros puntos da tempada

Xornada adiantada a disputada este domingo no Sangoñedo e que enfrontaba á SD Chantada ante o Lalín. Ambos equipos viñan de perder nos seus respectivos encontros da primeira xornada e con gañas de redimirse, mais nesta ocasión quen puido facelo foi o Chantada, ante a súa xente.

Desde o inicio, a SD desfrutou do dominio do partido e das principais ocasións. Así, o primeiro gol chega despois dun saque de porta do Lalín que o Chantada consegue recuperar axiña grazas á boa presión e que é aproveitado por Saray (m. 4) para abrir o luminoso cun bo gol que daría a renda favorable ás locais. O marcador non se moveu nos primeiros 45′ malia as numerosas ocasións das locais, con balóns ao pau ou que pasaron rozando o gol.

ASD Chantada celebra os tres puntos no vestiario. Foto SD Chantada

Após o paso polos vestiarios a SD Chantada seguiu dominando grazas á presión alta. O Lalín apenas tivo ocasións e de novo, nun saque de porta do Lalín o Chantada recupera arriba para que Noela poña o 2-0 no marcador.

A vantaxe puido ser maior, pero o balón non quixo entrar. Cando si o fixo foi prácticamente na única ocasión que tivo o Lalín, a piques de rematar o partido, cando recurtou distancias Paula poñendo o definitivo 2-1 no minuto 84′.

O PM Friol pon a directa e a SD Chantada estrea o casilleiro

O ritmo de Resi e SD Chantada

O PM Friol pon a directa e a SD Chantada estrea o casilleiro

O PM Friol pon a directa e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *