Diario dun Mercado. Episodio 494
-
- 0
- 2min de lectura
No festivo con máis festas de Galicia, o mercado tamén quere ter a súa propia con novidades que fan que o fútbol lucense estea cada vez máis preto de pechar os seus movementos. A nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo trae grandes fichaxes por toda a provincia por parte de proxectos que cada vez collen unha maior forma para tempadas ilusionantes.
Moitos cadros comezan a configurar moita ilusión. Neste caso, a creación do Pol B está a ser o gran axitador do mercado nos seus últimos intres. Juan David chega ao conxunto chairego procedente do Castro xuvenil. Hugo Fiallega reforza a portería e afronta a súa primeira experiencia en fútbol 11 logo do seu paso polo Begonte FS. Tamén ficha o extremo Iago Rodríguez, procedente do Sporting Lucense.
Outro que dá grandes cambios é o Celeiro, que renova a Rafa Cristian, Iker, Ález Pecho e Martín Duarte. Ficha a Ángel, dianteiro que militou no Roupar en Segunda e a Hugo Aja, mediocentro que leva fora do fútbol desde a desaparición do Ourol. Causan baixa Santi, David, Joni, Jorge Restrepo e Jorge Louzao. O novo adestrador do club será Alejandro Martínez «Moro», Martín Rodríguez será adestrador auxiliar e Carlos Yen o delegado.
O mercado lucense continúa a dar fichaxes e renovacións. No primeiro apartado, a Sarriana logra a cesión dos xogadores do Lugo Noah, Fernando Embadje e Freire. No Lugo B, optan polo dianteiro arxentino Nico Delgado, procedente do Sanse. Nos bancos tamén hai cambios, Brais Rozados é novo adestrador do Antas. Era o segundo do Outeiro con Adrián Vázquez e excoordinador do Sagrado Corazón. Por último, o Riotorto firma ao experimentado Antón Carro, Julián retorna ao Lourenzá e David Quintá volve ao Monterroso
No capitulo das renovacións tamén hai movementos significativos. Jordi renova no Corgo e a gardameta Chusa fai o mesmo co Carballedo. É no Chantada B onde máis optan pola continuidade nesta edición, xa que renovan a Álvaro, Mourenza, Jorge e Iker.