O Rioaveso Machinango, equipo da Terceira Futgal

A Terceira Futgal ten o seu calendario

O calendario da Terceira Futgal completa os calendarios do fútbol lucense masculino de cara a unha tempada que comezará en menos dun mes. O grupo Norte e o grupo Sur xa saben cales serán as principais datas dun curso que, nesta categoría, sempre ofrece grandes emocións tanto coa loita polo ascenso directo coma polos play offs.

O curso dará comezo na fin de semana do 28 de setembro e rematará no do 29 de marzo a súa fase regular. Este ano desapareceron catro equipos, Cospeito, Sporting Lucense, Friol B e Chantada Atlético B, e crease o Pol B. Para cadrar os grupos, A Piringalla xogará no grupo Sur despois do seu descenso desde a Segunda Futgal grupo Norte.

O calendario da Terceira Futgal Norte

O Grupo Norte vivirá unha tempada repleta de emocións en moi tempo, xa que a Terceira Futgal é a competición máis curta de toda a provincia. Todo arrincará dentro dun mes é catorce días con estes encontros: Roupar-Cazás, Rioaveso Machinango-Celeiro Club del Mar, Catro Roldas-Abadín, Comercial-Pol B e Mondoñedo Ciudad-Muimenta.

Todo chega ao seu remate e a loita polo ascenso e pola promoción decidirase nunha última xornada de infarto. Os encontros que lle darán fin ao grupo Norte da Terceira Futgal serán: Muimenta-Pol B, Comercial-Celeiro Club del Mar, Rioaveso-Machinango-Cazás, Roupar-Abadín e Mondoñedo Ciudad-Catro Roldas.

O calendario da Terceira Futgal Sur

Na parte sur da nosa provincia tamén se notan as ganas de que o balón volva rodar por todos os campos da competición máis modesta do noso fútbol. Unha liga sempre aberta que este ano comezará cos seguinte encontros: Relámpago Taboada-Bóveda, A Piringalla-Carballedo, Corgo-O Incio Terra Brava, Rubián-Taboada B e Río Sil-Quiroga.

Indo cara ao futuro, o final da liga regular promete ser apaixoante no Grupo Sur, onde gran parte da loita polos postos finais podería pecharse. Os encontros serán: Quiroga-Carballedo, A Piringalla-Bóveda, Relámpago Taboada-Taboada B, Rubián-O Incio Terra Brava e Río Sil-Corgo.

A Terceira Futgal ten o seu calendario

A Segunda Futgal xa ten folla de

A Terceira Futgal ten o seu calendario

Diario dun Mercado. Episodio 494

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *