O Chantada quere ser Supercampión
-
- 0
- 2min de lectura
O Chantada ten nas súas mans alcanzar un soño para o fútbol lucense como é a primeira Supercopa Galicia da historia da provincia. Os de Adrián Traste, que está tempada competirán na Primeira Futgal nun curso no que a ilusión está presente no proxecto, enfrontaranse ao Cultural Areas nunha eliminatoria a doble partido. Este domingo 10 de agosto ás 19.00 horas en Sangoñedo, o clube vivirá unha ocasión única para vivir historia.
O Chantada ten clara que a ilusión está presente de cara á competición. Kadete, o capitán do equipo e o heroe da final da Copa Deputación que lles deu a oportunidade de disputar esta competición, afirma que «a ilusión non nos falta. Sabemos que esta competición é moi difícil polo seu cambio de formato para ser a doble partido e por enfrontarnos a rivais de categorías superiores, pero loitaremos ata o final».
Ademais, o torneo que decide quen é o supercampión de Galicia chega nun momento complicado debido a que a pretempada aínda sigue o seu curso. De feito, o conxunto chantadino só disputou un triangular ante o Lemos e o Antela. Kadete destaca que «é unha tempada nova e non é fácil atopar información. Nós estamos no medio da preparación da campaña e ningún dos catro equipos pretendíamos estar a tope para o torneo.
Pero está claro que o principal soño que hai en Chantada é chegar á Copa do Rei. Se os de Traste consiguen a Supercopa Galicia, entrarían na fase previa, onde se enfrontarían a outro equipo dunha categoría rexional nacional. De acadar a vitoria, un equipo de Primeira División chegaría a Sangoñedo. Kadete sinala que «todos falaban de que pasaría se o conseguíramos. Esto era impensable hai anos, vai vir moita xente ao noso campo para axudarnos a conseguilo».