Diario dun Mercado. Episodio 492
-
- 0
- 3min de lectura
O mercado continúa a dar novidades ao longo e ancho da provincia con moitos equipos próximos a rematar os seus cadros de cara a unha vindeira tempada que promete darnos grandes emocións aos afeccionados ao fútbol lucense. Nunha nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo, temos renovacións e fichaxes de gran impacto para o que será un curso ilusionante para moitos equipos.
O mercado está deixando nesta tempada un gran número de renovacións no fútbol lucense, o que confirma o gran traballo dos proxectos da tempada pasada en moito lugares da provincia. Un deses é o da Sarriana B, que tras acadar o ascenso a Segunda Futgal mantén a Raúl como o seu adestrador. O equipo co que loitaron na final do play off tamén opta por continuar coas súas bases, xa que o Corgo fixo oficial a renovación de Stalin.
As continuidades continúan na zona centro da provincia co Páramo, que seguirá contando con Jita, Hugo Fontal, Miguel, Bolo, Marquitos, Héctor Platas e Marcos Barrio. Na Piringalla, que está a punto de pechar o cadro de xogadores ao contar con 18, seguirán Raúl e Cristóbal, mentres que en Muimenta os irmáns Julio e Pablo tamén optan pola continuidade. Por último, a derradeira renovación chega no banco do Pastoricense, Juanma seguirá liderando o equipo.
Non só é tempo para que os equipos manteñan pezas, senón que o clubs lucenses tamén tratan de aproveitar ata o final o mercado para conseguir dar un paso máis na construción dos seus proxectos. Neste caso, dous deles comezan a facer a súa casa con novos adestradores. É o caso do Chantada Atlético ao que irá Francis Sixto. O técnico volta aos bancos despois de pasar polo CIRE de Mélide. Tamén volta ao fútbol masculino Quiroga, que dirixirá ao Matela.
No capítulo dos xogadores que buscan unha nova aventura na súa carreira futbolística, o Lugo B faise cos servizos do canteirán do Mallorca, Tomás Balcedo. O Portomarín tamén busca novas caras no seu equipo coas incorporacións de Breixo e Seijas. No fútbol feminino, o San Lázaro faise forte coas fichaxes de Estef, Kathy e Fani.