Santi volveu ao Ribadeo neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 489

Unha xornada máis na que o mercado deixa a todo o fútbol lucense estupefacto con movementos inesperados e grandes sorpresas. A última edición do mes de xullo do Diario dun Mercado de Futbolinlugo trae grandes nomes que deciden voltar aos campos de fútbol da nosa provincia. Todo mesturado con grandes fichaxes e renovacións que comenzan a pechar os cadros de xogadores dunha tempada que chegará en pouco máis dun mes.

Grandes sorpresas no mercado

As sorpresas son unha parte habitual do mercado e neste caso moitas saíron do radar do fútbol lucense nos últimos anos. Unha das máis chamativas foi a volta aos campos despois de dúas tempadas fóra dos terreos de xogo de Miguel Guedes, xogador All Star en Mondoñedo no 2023. Xogará no Iberia a vindeira campaña. Compartirá categoría cun Santi que volve ao Ribadeo despois dun ano fóra no que amezaba coa retirada. O mediapunta volve ao club no que xogou doce tempadas.

Outra das voltas máis desexadas verase no Roupar, que firma ao centrocampista Juansi. Este xogador volta ao céspede logo dun ano de parón por temas laborais. O seu último equipo foi o Capela. Neste equipo compartirá vestiario con Jaco, que renova. Por último, a derradeira sorpresa chega en Guitiriz, onde o mítico Jose cambia o céspede para ser o novo adestrador do clube.

Movementos por toda a provincia

Os equipos están apurando as últimas opcións no mercado para lograr pechar os seus cadros de xogadores. O Viveiro ficha a Franco Bellomo, procedente do Villacañas da Terceira de Castela-A Mancha, e a Nacho, que chega desde o Lugo B. Xa estivera ás ordes de Alberto López no cadro mariñán. Mateo, procedente do Meira, firma co Pol e en Escairón quedan Asier e Julito, aos que se suma Johan Vargas, procedente do Atlético Artilleros da Preferente madrileña.

No resto da Primeira Futgal, Nacho, Javi, Diego, Oli, Álex Gacio e Aziz renovan no Mondoñedo, que tamén ficha ao gardameta procedente do Lourenzá xuvenil Rispa. En Guntín renova Mateo Celeiro. No resto de categorías, Ramiro, All Star na Cheda 2025, causa baixa no Abadín, Álex Losada ‘Losi’ firma polo Santaballés procedente do Cabreiros, equipo que firma ao defensa Sergio Ramil. Por último, Manu Carreira renova no Riotorto e o Catro Roldas ficha ao extremo Isra, procedente do Racing Vilalbés xuvenil.

Diario dun Mercado. Episodio 489

A Preferente xa ten calendario

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *