Diario dun Mercado. Episodio 484
-
- 0
- 3min de lectura
O mercado non para na semana do Apóstolo e as fichaxes son tantas coma festas na provincia. É tempo de regresos de gran importancia ao fútbol lucense, novos pasos para moitos xogadores e continuidades de alto valor. Todo nunha nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo, que cada día está máis próximo aos cincocentos episodios.
Os retornos son os grandes protagonistas para este inicio de mercado. Os campos de fútbol proviniciais voltarán a desfrutar de Bochi, central que firma polo Abadín despois dun tempo onde non puido disputar ningún encontro. A súa última aventura antes do seu regreso neste mercado foi no Catro Roldas e foi partícipe da segunda edición do All Star Futbolinlugo, que se realizou en Carballedo.
Outra das grandes voltas é a de un ‘Heroe do Carranza’ co lucense Iago Díaz, tras estar dez anos lonxe da súa terra. Quen aposta por el tras 122 partidos en Segunda División e un último períplo no Xerez é a Sarriana de Iván Carril. Ademáis, o club sarriao renova ao porteiro do ascenso, César Pirot, tras un gran final de tempada no equipo.
O Compostela sigue mantendo a súa aposta no talento provincial e renova ao viveirense Xoel Trasancos, un dos grandes talentos lucenses. Ademáis, Jorge Maceira, ex do Polvorín, será un dos reforzos ofensivos dun equipo destinado a loitar polo ascenso directo na Terceira RFEF. O Foz tamén opta pola renovación dun dos seus canteiráns, Rober.
O mercado continúa a deparar novas aventuras para os xogadores lucenses. O Xove Lago firma ao gardameta Cristian Fanego, que na pasada tempada conseguiu o ascenso á Preferente co Burela. No Riotorto, os reforzos chegan con Ches, que xogou no Muimenta e no Cabeiros, Nicolás Gómez Zsak e Simón Vázquez, ademais de renovar a Maci.
Os movementos no mercado continúan no filial do Rácing Vilalbés. O conxunto da Terra Chá firma para o seu proxecto aos prometedores Iván Corbelle, Hamza, Migui e Román. O Bóveda reforza moito o seu cadro con moitos nomes que prometen un proxecto novedoso. Firman a Ramos, Gorka, Brais Álvarez, Héctor, Pereiro, Arias, José, Ramírez, Piña e Maikel.