Borja Pipa, directivo do San Lázaro

Borja ‘Pipita’: «O San Lázaro é o club da miña vida»

Borja ‘Pipita’, do San Lázaro, foi unha das grandes figuras da nosa provincia na portería. O gardameta tivo unha homenaxe sendo parte dos xogadores que conformaron a quinta edición do All Star Futbolinlugo. Aínda que esta foi a última vez que o vimos nun campo, xa que aos seus 29 anos retirase do deporte. Nun emotivo día para el, parouse a falar con Futbolinlugo para dar o seu punto de vista sobre a súa carreira e o seu futuro na directiva do San Lázaro.

Entrevista a Borja ‘Pipita’

Retirada: «A idea é deixar o fútbol rexional, pero igual un último baile en veteráns bótase no equipo do San Lázaro da categoría. Se houbese un caso extremo, tamén estou dispoñible para o club da miña vida».

Vinculación co San Lázaro: «Coa marcha do presidente, os de toda a vida que quedabamos alí imos coller a directiva para plantexar un proxecto serio que faga avanzar ao club. O primeiro é continuar con todo o que temos, tanto en feminino coma na base. Se podemos, intentaremos medrar».

«Intentaremos que o San Lázaro volte o antes posible»

Tempada pasada: «Este ano non saiu como pensabamos. Non se deu para competir en Primeira Futgal, pero a idea agora é competir ao máximo para poder voltar o antes posible».

Competición sendo un club de barrio: «Facémolo con moitas dificultades. Este ano tiñamos un cadro moi xusto e case non podiamos reforzarnos. Fomos saíndo do paso, pero non puidemos conseguir a permanencia».

Borja ‘Pipita’: «O San Lázaro é o club da miña vida»

Diario dun Mercado. Episodio 477

Borja ‘Pipita’: «O San Lázaro é o club da miña vida»

Diario dun mercado. Episodio 478

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *