Romy, reforzo da Residencia neste mercado

Romy (Residencia): «Con 38 anos desfruto máis que con 20»

A Residencia fíxose cun dos dianteiros que máis destacan en todo o panorama do fútbol lucense de cara a unha tempada na que volverán a ter o obxectivo de regresar á Preferente despois dun ano no que non tiveron fortuna na promoción de ascenso. Para asegurar o gol, algo importante na Primeira Futgal, chega Romy despois dun periplo curto no Ribadeo e de facer historia no Paradela, onde marcou 65 goles en 6 temporadas.

Futbolinlugo: O teu camiño en Paradela será recordado sempre na institución. Como foron eses anos para ti?

Romy: «A verdade é que desde que tiven a oferta para volver por parte de Roberto do restaurante Río Loyo e a súa directiva e o corpo técnico de Rubén Bergantiños e Iván López pouco tiven que pensar para aceptar. Se a iso lle sumas a chegada de xogadores como Daniel Fuenteseca, Alejo, Alberto Vello ou Raúl xunto con amigos de toda a vida de Paradela fai que sexa unha mezcla perfecta».

Futbolinlugo: Foi duro deixar ao Paradela?



Romy: «Si foi, eu non o ía deixar se había opcións reais de poder loitar o ascenso. De feito, a conversa que tivera con Dani Moirón de Ribadeo foi por aí. Durante a semana nós xogabamos en Ferreira necesitabamos que o San Roque pinchara contra o Becerreá e tiñan un calendario difícil. Os resultados non se deron e aceptei ir. A verdade é que estou moi agradecido que me deran a oporunidade de debutar na Preferente con 38 anos».

Futbolinlugo: Agora ábrese unha nova aventura na Residencia. Como chega a opción de unirte aos lucenses?

Romy: «Chegou ao límite do tempo porque xa tiña un destino case pechado. A chamada de Antonio, Adrián Rasilla e Rafa Casanova convenceume e eu acepteina coa mesma ilusión e ambición que tiveron eles para competir na promoción de ascenso na pasada campaña».



«Espero aportarlle á Residencia traballo e honestidade»

Futbolinlugo: Que cres que lles podes aportar?

Romy: «Espero aportarlle á Residencia traballo e honestidade. Esforzareime todos os días da semana e que se poida ver na fin de semana, e ogallá que se vexa reflectido con moitos goles».

Futbolinlugo: Xa na tempada pasada estiveron a piques de acadar o ascenso. É o voso obxectivo este ano?

Romy: «Antonio di que a Residencia é un club atípico. Económicamente non aspiran a fichar xogadores, pero si que queren estar nunha gran situación coa esixencia máxima que é o ascenso. O ano pasado o fútbol foi cruel con eles e este ano traballaremos para ter a sorte necesaria para acadar un ascenso que, independentemente da categoría, sempre é complicado».

Futbolinlugo: Como é o fútbol aos 38 anos?

Romy: «Eu con 38 anos desfruto máis que con 20 porque teño máis experiencia, vivín moitas cousas e físicamente sigo atopándome ben pese a dúas lesión importantes. Chegar a debutar na Preferente é todo grazas a Santi e a un equipo que era curto pero que a directiva nova formou moi ben coa calidade increíble que teñen os meus compañeiros».

Futbolinlugo: Parece que es como o viño, cos anos melloras. Canta ilusión tes por voltar á Primeira Futgal despois dunha década?

Romy: «Teño moita ambición de volver a esta categoría. De feito, tiven chamadas de ata catro equipos da competición. Este ano cambiou a miña situación laboral e necesitaba un equipo que fose cómodo para min e que me permitise adestrar antes para ter máis descanso. A mellor opción e que tiña máis competitividade era a da Residencia».

Romy (Residencia): «Con 38 anos desfruto máis que con 20»

Diario dun Mercado. Episodio 474

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *