V All-Star Futbolinlugo arturo

O V All Star presenta aos seus protagonistas

O vindeiro sábado viviremos, co V All Star Futbolinlugo, outra data única para toda a comunidade do fútbol lucense. A Cheda albergará un evento que, como xa viñemos sinalando nas últimas datas, conta cun amplo programa onde todo o mundo pode sentirse partícipe.

O primeiro duelo da tarde será o partido feminino. Nel, a Selección Lugo Norte medirase a unha competitiva Lugo Sur, desde as 16.30 da tarde. As futbolistas seleccionadas para cada un destes equipos serán as seguintes:

As xogadoras de Lugo Norte, capitaneadas por Vicky Burgo e Manu Sánchez, queren acadar a victoria neste All Star por medio de futbolistas de entidade, como Irene ou Alba.

En Lugo Sur os adestradores son Iria Rey e Gabi Couñago. A experiencia de xogadoras como Iria e o talento das Ana Lamas ou Jenny procurarán inclinar a balanza do All Star a prol das «sureñas».



Despois do partido feminino e unha vez celebrados os concursos, chegará o turno do partido masculino (19.45). Neste caso, os protagonistas estarán repartidos entre unha Selección de Preferente e Terceira Futgal contra os escollidos de Primeira e Segunda Futgal.

Os protagonistas de Preferente e Terceira estarán comandados por Carlos Pita e Iago Núñez, que vén de ascender á Segunda co Castroverde. Aos futbolistas que compiten na provincia súmanse por primeira vez lucenses que compiten fóra dos nosos marcos: Unai Peón e Pedro Delgado, que acadaron o ascenso á Terceira RFEF con Montañeros e Céltiga, respectivamente, deixarán mostras da súa calidade no feudo da Residencia.

all star

O All Star sempre deixa duelos vibrantes entre os seleccionados

No caso do cadro de Primeira e Segunda, os adestradores escollidos son Diego Seoane e Diego Barreiro, que cumpliu unha gran campaña á fronte do CP Casás. A calidade de Cayuela ou Samuel Gundín estará unida ás emotivas (e cargadas de lembranzas) retiradas de Garrafín (Lourenzá) ou Borja (San Lázaro).



O V All Star presenta aos seus protagonistas

Diario dun Mercado. Episodio 470

O V All Star presenta aos seus protagonistas

O V All Star presenta aos seus

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *