#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Luis Díaz (Pol): «Podemos ter un proxecto fermoso»

Luis Díaz, novo xogador do Pol, na súa etapa no Polvorín

O Pol busca crear un proxecto sólido que lle permita consolidar a gran segunda volta no seu primeiro curso na Preferente. Para iso, optan por un mítico dun xogador da Terceira RFEF como é Luis Díaz, que estivo na última temporada axudando á Milagrosa a acadar a permanencia. Catro cursos despois da súa última estadía na Preferente coa Sarriana, chega o momento para que o centrocampista lucense volva a demostrar o seu nivel na competición.

Futbolinlugo: Neste final de tempada voltaches ao equipo que che viu dar os primeiros pasos no fútbol. Como foi este regreso?

Luis Díaz: «Estiven lesionado bastantes meses. Comezara coa Sarriana, pero déronme uns prazos que non se cumpliron. Decidín parar para pensar na oposición e despois reevaluarme en decembro para ver se podía xogar en Sarria, pero a dor continuaba. Foi en febreiro cando vin que ía mellor. Falei con Madriles para empezar a adestrar ao meu ritmo segundo as miñas sensacións. Necesitaba baixar o nivel para reencontrarme conmigo mesmo».

FIL: Acabastedes acadando a permanencia. No pouco tempo que estiveches no club, cal cres que foi a chave?



LD: «A chave foi o grupo tan sólido que teñen desde hai moitos anos. Son rapaces novos que se coñecen ben e que sinten as cores do club. Faltando quince xornadas estaban nunha situación crítica e conseguiron solventala cunha segunda volta digna de equipo de play off «.

FIL: Tres anos no Somozas deron para moito. Botabas de menos o fútbol lucense?

LD: «Foron tres anos moi bos onde deixei moitos amigos. Costoume deixalo, pero necesitaba moito tempo na carretera que non tiña para preparar a oposición. Necesitaba achegarme a Lugo e saiu a opción de Sarria que, pola lesión, non se puido dar».



FIL: Agora o teu seguinte paso é o Pol. Que che fixo aceptar a oferta?

LD: «Levo falando un mes con Labrada semanalmente e a verdade é que vendo o grupo que se quere formar e as renovacións penso que pode ser un proxecto precioso nunhas instalacións como as de Pol que son a envexa de moitos equipos de superior categoría».

«Intentaremos deixar ao Pol o máis arriba posible»

FIL: A túa última experiencia na competición foi hai catro tempadas. Cal cres que será o nivel da categoría?

LD: «A verdade é que estiven bastante desconectado nos últimos anos da Preferente, pero penso que pode ser un grupo semellante ao de hai catro anos. Creo que hai proxectos como Lalín ou Lemos que van facer fortes apostas e si que creo que na parte baixa hai un punto menos de nivel».

FIL: Que pensas que lle podes aportar ao equipo?

LD: «Desde o centro do campo podo aportar moito control de xogo e experiencia. Son un xogador capaz de adaptarme ben cos centrocampistas do equipo para que poidamos controlar o ritmo do encontro en todo momento».

FIL: Que obxectivo vos poñedes en Pol?

LD: «O principal será acadar a competitividade sen volvernos tolos, xa que a categoría é a que nos ten que poñer na posición. Dependendo do que se poida facer no mercado, intentaremos que o Pol aproveite a boa inercia do final da tempada e que poida acadar un gran posto ao longo do curso «.

Luis Díaz (Pol): «Podemos ter un proxecto fermoso»

O V All Star presenta aos seus

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *