Álex Santomé quédase no Racing Vilalbés neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 466

O Mercado continúa día tras día con grandes novidades no fútbol lucense. Nunha nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo, os movementos non cesan con grandes noticias para varios dos equipos da provincia con novos reforzos e estrelas manténdose en proxectos de gran importancia. A outra cara da moeda chega con xogadores que marchan dos seus equipos e adestradores que acadaron cotas altas nas clasificacións esta tempada non continuarán nos banquiños.

O mercado da Terceira colle cada vez máis temperatura

Os equipos lucenses da Terceira RFEF protagonizan a nova edición do Diario dun Mercado, sobre todo cunha continuidade totalmente diferencial na competición. Álex Santomé quédase no Rácing Vilalbés para continuar sendo o seu porteiro estrella. Está considerando coma un dos gardametas máis valorados de toda a categoría e os datos aválano con só 28 goles encaixados. Ademais, continuarán no equipo os irmáns Varela coma referentes dentro do vestiario.

As marchas de estrelas do fútbol lucense afectan, neste caso, ao Compostela. Pablo Antas despediuse do conxunto da capital de Galicia tras 152 partidos e ser parte fundamental da historia recente do club. O seu gol en Balaídos ante o Ourense CF na promoción de ascenso á Segunda RFEF do ano 2020 fixo que se recorde en Santiago coma unha lenda. Por último na categoría, o Viveiro tamén move ficha coa firma do laurentino Iago Cruña.

Movemento de norte a sur e de leste a oeste

O mercado non só se move activamente na Terceira RFEF, se non que na Preferente e na Primeira Futgal os xogadores non paran de saber en que campos xogarán a vindeira tempada. Un dos que se move é Dani Delgado, que cambia o Chantada Atlético polo Lemos para estar ás ordes de Edu Rodríguez. No Ribadeo, descendido á Primeira Futgal, rematou un dos primeiros culebróns de gran importancia do verán. Pese ás moitas ofertas que tiña doutros equipos, Álex Meitín quedarase no Ribadeo unha campaña máis.



No resto do fútbol lucense, o mercado continúa cunha actividade propia desta fase do verán. No Meira, Antón remata a súa etapa coma xuvenil, pero continuará medrando coma futbolista no primeiro equipo da localidade. Xa no apartado das marchas, Nico causa baixa no Celta Barreiros tras dúas tempadas defendendo a camiseta celeste e Cuchi non continuará coma adestrador do Matela despois dun curso no que acadou ascender mediante o play off á Segunda Futgal.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *