Make conitnuará no Vilalbés este mercado

Diario dun Mercado. Episodio 465

O mercado de fichaxes do fútbol lucense non cesou en ningún momento no fin de semana que resolveu as Copas. Nunha nova edición dun Diario que cada vez rexistra máis novos movementos, os adestradores máis míticos da provincia xa ocupan novos banquiños, mentres que os xogadores tamén moven ficha para ou ben continuar onde se están a convertir en lendas ou dar un novo xiro a súa carreira con aventuras novidosas lonxe da casa.

Momento de adestradores míticos

Os grandes nomes dentro dos banquiños da provincia xa están atopando novos equipos nos que adestrarán a vindeira campaña. Un dos principais nomes é o de Fernando Corredoira, que será o novo adestrador do Outeiro de Rei. O preparador segue na Primeira despois de pechar a súa segunda etapa no Chantada Atlético. Outro que firma cun novo club é Roberto Fernández. O mítico porteiro chantadino será o novo técnico do Lalín da Preferente Futgal.

Noutros equipos apostan pola continuidade no mercado en proxectos que acadaron un bo rendemento ao longo desta tempada. Manu Rodríguez continuará ao cargo do Ferreira e Javi Gómez fará o mesmo no Becerreá, confirmando os proxectos de dous cadros en constante crecemento.

Novos destinos para figuras da provincia

Grandes figuras do fútbol da provincia tomarán novos camiños nas súas carreiras tras este mercado. A primeira é Nerea Lombardero, que non continuará no Atlético Vilalonga. A talentosa xogadora da Pontenova pecha unha etapa de dúas tempadas nas Rías Baixas nas que se consolidou como unha xogadora de referencia na terceira categoría do fútbol español.



Outro dos lucenses que está chamado a ter unha carreira moi importante no fútbol galego é o mariñán Lucas Fanego, que firma polo Somozas. Tras rematar a súa formación no Celta retornou ao Viveiro onde realizou unha gran campaña en Terceira RFEF. Xa gozara de moitos minutos sendo xuvenil as ordes de Alberto López. O seu fútbol viaxa ás Somozas para unha nova aventura que depara o mercado.

O mercado e as súas grandes historias

Os conxuntos da provincia non paran de darlle vida ao mercado. O Ribadeo foi un dos revitalizadores coa volta ao club no que se formou de Adrián García ‘Cube’. O mediocentro xogará no conxunto da Mariña tras o seu paso por Real Tapia e Iberia. Intentará continuar co legado do seu pai Miguel, que destacou nos noventa. Con el no vestiario estará un renovado Simón. Tamén se move o Lourenzá coa contratación do atacante Miguel Casanova, procedente do Celta Barreiros. O trabadense vivirán unha segunda etapa no equipo laurentino na vindeira campaña.

O Rácing Vilalbés mantén aos líderes do seu vestiario para arrincar o novo proxecto. Make e Vérez seguirán portando o brazalete chairego. Outro equipo no que apostan pola continuidade é o Xove Lago, que aposta por Dani Liz para que cumpra a súa segunda temporada no Municipal. O que non ten renovacións é o Friol, xa que Sánchez, Larpy e Julito colgan as botas e non continuarán dando maxia aos campos da provincia.



Diario dun Mercado. Episodio 465

O V All Star abre a inscrición

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *